1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

¿Queres ser piloto de rallyes? Suzuki Ibérica axúdate PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 03 Decembro 2008 17:32
Suzuki Ibérica, en colaboración coa Real Federación Española de Automobilismo, dá un paso máis na súa implicación na promoción e formación de novos talentos no Campionato de España de Rallyes coa convocatoria dunha selección de novas pilotos sen experiencia previa no Nacional de Rallyes.
 
No proceso de selección escolleranse tres pilotos, homes ou mulleres, con idades comprendidas entre os 18 e 25 anos. Cada un deles podreza participar en dúas probas do Campionato de España de Rallyes aos mandos dun Suzuki Swift Sport con todos os gastos de asistencia e participación gratis. No caso de que as súas participacións coincidan coa Copa Suzuki Swift, os pilotos seleccionados non bloquearán nin optarán a premios e clasificacións da Copa.
Ao finalizar a tempada Suzuki Ibérica seleccionará ao mellor dos tres pilotos para ofrecerlle a participación no Nacional 2010 cun Suzuki Swift Sport cedido pola marca.
 
Candidatos
Os candidatos terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • 1. Deberán nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1983
  • 2. Dispoñer dun permiso de condución en vigor en 2009
  • 3. Non participar como piloto en rallyes de carácter nacional ou internacional
  • 4. Estar capacitado para obter a licenza deportiva de piloto da RFEDA

 


 

A selección

A comisión de selección de pilotos estará formada por recoñecidos pilotos nacionais, xornalistas especializados no motor así como por representantes de Suzuki Motor Ibérica e da RFEDA. A comisión será a encargada de de seleccionar os tres pilotos e os seus suplentes así como do piloto designado para realizar o programa en 2010
 
A selección levará a cabo en dúas fases, a primeira incluirá unha proba teórica con preguntas sobre temas de cultura xeral, rallyes, mecánica, técnicas de condución, relacións públicas e idiomas. Tamén se incluirá unha proba práctica a bordo dun coche e servirá para ver o manexo básico do vehículo.
A segunda fase constará dunha avaliación práctica sobre un vehículo na que se analizasen aspectos como a trazada, a freada, manexo da caixa de cambios ou aceleración. Incluirase así mesmo unha entrevista persoal cos membros da comisión de selección.

Na selección escolleranse tres candidatos xunto con tres pilotos reserva. Ao finalizar a tempada 2009 a comisión analizará o desenvolvemento desta para os tres candidatos, elixindo o mellor deles para pilotar o Suzuki Swift Sport en 2010.
 
Inscricións
Os aspirantes que desexen participar no proceso de selección deberán dirixirse a un Concesionario Suzuki para solicitar a inscrición. Suzuki Ibérica faralles chegar o formulario de inscrición que deberán entregar nun Concesionario Suzuki antes do día 31 de xaneiro de 2009.
 
Unha vez procesadas as solicitudes, comunicaráselle persoalmente a cada participante a súa inclusión no programa. Os candidatos admitidos recibirán as normas da selección e deberán formalizar a súa inscrición co pagamento de 100 euros antes das 0 horas do día 23 de febreiro de 2009. Na primeira fase da selección, entregarase a todos os participantes un vale de compra por valor de 100 euros a cambiar en Rallycar.
 

 
Aberto o prazo de inscrición para a Copa Suzuki Swift 2009
Xa está aberto o prazo de inscricións na Copa Suzuki Swift 2009, tras o éxito de participación da edición 2008, Suzuki Ibérica decidiu ampliar o tope de participantes a 25. Máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  
 
 
Texto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 175 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204043