1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Os grandes nomes do Trofeo Andros cítanse no Grandvalira-Circuit de Andorra PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 03 Decembro 2008 11:40
O Automòbil Club d 'Andorra (ACA) organiza un ano máis unha das citas do Trofeo Andros, o campionato internacional de derrapaxes sobre xeo que visitará o Grandvalira-Circuit os días 13 e 14 de decembro, no que supón a segunda proba dun calendario formado por sete encontros.
Haberá catro categorías nun mesmo formato, todas con vehículos Silhouette de 4 rodas motoras e directrices, motor de 3.0 litros, 6 cilindros e 340 CV: Elite (profesionais), Independentes (semiprofesionais), Promoción (privados) e Féminas, a as que acompañarán competicións de Pilot Bike (motocicletas), Sprint Car e Andros feminino, estas dúas últimas categorías con Sprint Cars nos que alternaranse ao volante, en carreiras completamente independentes, pilotos masculinos e femininos.

Todo este espectáculo ocupará os dous días de competición, 13 e 14 de decembro, entre adestramentos, mangas e finais nun Grandvalira-Circuit con cabida para oito mil persoas que terán o acceso ás instalacións do coll d 'Envalira completamente gratuíto (30 euros a entrada ao paddock). Unha participación, como sempre, de luxo
 
 
O Trofeo Andros sempre se distinguiu por ter a destacados nomes do automobilismo, loitando contra os especialistas desta especialidade da derrapaxe sobre xeo. Este ano, o Andros nútrese dos mellores participantes da pasada edición, empezando polo Campión en título, Alain Prost ( 1), que con dúas coroas consecutivas no seu haber e sen a filial francesa de Toyota detrás, decidiu buscar presuposto para aliñar a mesma unidade Auris de Tork Engineering de 2007, coa intención de atacar un terceiro título. Neste mesmo equipo estará outro grande da F-1, Olivier Panis, xunto ao novo Grégoire Démoustier ( 4).
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 225 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204148