1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Vinyes e Mercader doutóranse no Rallye du Var PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 01 Decembro 2008 13:44
Joan Vinyes-Jordi Mercader (Renault Clio R3) completaron unha espectacular actuación no 54 Rallye du Var, última proba do Campionato de Francia de Rallyes de asfalto. O piloto andorrano logrou finalizar a dura proba entre os dez mellores da clasificación scratch (concretamente noveno) e na segunda posición da clasificación da Clio Cup R3 xusto detrás do campión francés Cedric Robert.

A climatoloxía empeñouse en complicar o traballo tanto dos participantes coma dos organizadores durante toda a fin de semana. Nas intensas xornadas de recoñecemento o sol e o frío foron os protagonistas, todo o contrario que ao longo dos tres días de competición en que sobre todo a chuvia, que en ocasións caeu de xeito intermitente e ás veces de forma intensa, e a sarabia resultaron un verdadeiro calvario para os equipos para elixir os pneumáticos axeitados. A dureza da proba quedou reflectida na clasificación final da proba na que faltaban a metade dos equipos que a iniciaron.


Como é habitual o shakedown foi a antesala do inicio da competición, nesta ocasión Vinyes aproveitouno para volver sentar ao volante do Clio R3 e probar a grella de faros xa que na proba francesa boa parte das especiais as disputou de noite.
A xornada seguinte (venres día 28) iniciouse coas verificacións administrativa e técnicas, unha vez superado este trámite chegou o momento da verdade, a disputa da primeira etapa con tres especiais a primeira da cuales (Gonfaron) de case 36 kms. Vinyes-Mercader seguiron o guión previsto, saíron a bo ritmo pero sen tomar riscos innecesarios. O estado do asfalto das especiais e o atraso de case dúas horas pola saída de pista de Alex Bengue na primeira especial, foron dificultades engadidas que tiveron que superar neste primeiro día de competición. Ao final da xornada o piloto andorrano situouse na praza dos pilotos estranxeiros da Clio R3, a 19" do eslovaco Todor Slavov. e na , da global detrás do trío de franceses, en principio intocables no seu rallye, Emmanuel Guigou, Cedrid Robert e Thomas Barral. Cabe mencionar que Guigou pilota un Clio R3 pero non entra dentro da clasificación da Copa R3 ao ser piloto da marca francesa. Vinyes rematou satisfeito esta primeira etapa, debido ao atraso inicial fixemos todas a etapa de noite e ademais en condicións moi complicadas debido á chuvia. Dous trompos na segunda especial fixéronnos perder algo de tempo e a primeira posición entre os pilotos estranxeiros da Clio R3. Queda moita carreira por diante e podemos recuperar estes segundos perdidos.
 
A segunda etapa, a máis longa e a priori a máis complicada do Rele du Var 2008, Vinyes iniciouna co obxectivo de recortar diferenzas respecto ao seu rival directo, Slavov. No a primeira especial (Pignans) era Slavov o que superaba a andorrano por 9" mentres que na seguinte, Collobrieres, era Vinyes o que lle recortaba 12". Así pois no primeiro paso pola asistencia todo seguía máis ou menos igual. A continuación, primeiro paso por Vidauban, as saídas de pista do piloto eslovaco e Barral, situaron a Vinyes detrás de Robert na Clio R3 global, e como mellor piloto estranxeiro desta. A segunda pasada da xornada por Pignans e Collombieres foron un verdadeiro calvario para os superviventes da proba xa que se disputaron baixo unha chuvia moi intensa que deixou o asfalto moi deslizante. Segundo Vinyes, as especiais patinaban moito e ademas a visibilidade non era boa debido á chuvia e á condensación dentro do habitáculo do Clio. Sobre todo a última especial fíxoseme moi longa, nos últimos quilómetros foi moi difícil manterse na estrada. De cara a mañá intentaremos manter a clasificación que temos agora mesmo.
 
A terceira etapa non deparou sorpresas inesperadas para o tandem Vinyes-Mercader, a primeira especial (Gonfaron) fixérona de forma neutralizada debido á saída de estrada dun coche que os precedía, mentres que en a que pechaba o rallye (Vidauban) situáronse a escasos 5" de Robert rematando de xeito impecable unha das probas de máis prestixio do campionato francés da especialidade.
 
No paso pola última asistencia Vinyes aínda se mostraba incrédulo do éxito conseguido, é certo que non esperaba estar tan arriba nin na scratch nin entre os Clio R3 dos pilotos franceses. Foi un rallye moi duro sobre todo polas inclemencias do tempo e polas continuas neutralizacións que se produciron, ademais hai que ter en conta que as especiais eran completamente novas para nós e isto sempre é un handicap importante cando se teñen que disputar en condicións tan adversas. O que conta é o resultado e este foi fantástico. 
 

 
Clasificación scratch do 54º Rallye du Var.
  • 1.-Snobeck-Mondesir (Peugeot 307 WRC) 2h33’09.2
  • 2.- Vigion-Yvernault (Peugeot 207 S2000) , a 3’25.9
  • 3.-Loeb-Loeb (Citroën C2 S1600) a 4’20.2,
  • 4.-Canivenq-Grimal (Peugeot 207 S2000) a 4’534.0,
  • 5.-Roche-Roche (Subaru Impreza WRC) a 7’22.9,
  • ...
  • 9.-Vinyes-Mercader (R/Clio R3) a 14’25.0
Clasificación Clio R3 do 54º Rallye du Var.
  • 1.-Robert-Louat 2h43’23.0
  • 2.-Vinyes-Mercader a 4’11.4
  • 3.-Comole-Pailhon a 8’24.6,
  • 4.- Fanguiaire.Descamps a 10’55.6
  • 5.-Torlasco-Brega a 11’29.5
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 294 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204165