1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Oscar Palacio e Salvador Belzunces, segundos no 5º Rallye da Montaña Central PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 01 Decembro 2008 13:36
O piloto langreano Oscar Palacio xunto ao seu copiloto Salvador Belzunces alzáronse ata a segunda posición na última cita do Campionato de Asturias de rallyes 2008, o 5º Rallye da Montaña Central, que tenia lugar esta fin de semana en Mieres. Oscar Palacio tan só viuse superado polo potente WRC de Gorka Apalantza e Rodolfo Del Barrio.

Durante a tarde do sábado tiñan lugar as pertinentes verificacións na localidade de Turón, celebrandose a cerimonia de saída celebrábase fronte ao Concello de Mieres onde tanto afeccionados como participantes gozaban do inicio da quinta edición do Rallye da Montaña Central que estaría marcada polo frío e a neve caida no tramo do "Cordal". Ao longo do domingo, os 79 equipos enfrontáronse a oito tramos cronometrados dende primeira hora da mañá.

No primeiro tramo do día, "Xiana-Valdecuna" de 6150 metros de lonxitude, Oscar Palacio marcaba o segundo mellor crono, 4:25.100, tan só véndose superado en 12'900 segundos polo Subaru Impreza WRC do piloto vasco Gorka Apalantza. Tras Oscar Palacio, clasificábase Fran Cima e Pablo González co seu Renault Clio R3 a só 1 segundo do langreano. A organización víase obrigada a suspender a pasada polo segundo tramo "El Cordal" debido á neve caída na parte alta do tramo.


Na segunda pasada por "Xiana-Valdecuna", Oscar Palacio cedía 10'900 segundos ante Gorka Apalantza e caía ata a terceira posición na clasificación xeral, superado tan só polos WRCs de Apalantza e Castrillo. Os participantes regresaban ao "Cordal", aínda que esta vez era recortado en 4'9 quilómetros debido novamente á neve caída. Neste tramo, Oscar Palacio facíase co scratch, superando co seu Mitsubishi Lancer Evo IX a Alberto Redondo (Ford Sierra Cosworth) e a Jesús Fernández (Mitsubishi Lancer Evo VII) que serian o segundo e terceiro clasificado respectivamente. Gorka Apalantza e Julio César Castrillo cedían 21'500 e 28'300 segundos ante o piloto langreano que recuperaba a segunda posición na clasificación xeral, situándose a só 2'300 segundos de Apalantza e cun vantaxe sobre Jesús Fernández de 18'800 segundos.

Durante os tramos da tarde, Oscar Palacio mantiña este segundo posto ata a segunda pasada polo tramo de "Espinos" onde se vía superado por Castrillo que a falta dun tramo para o final do rallye era o segundo clasificado aínda que na especial de "Morcín 2" que tivo lugar en plena noite Oscar Palacio marcaba un magnifico tempo e só cedía 3'900 segundos ante Apalantza. O piloto do Hyundai Accent WRC non lograba seguir o ritmo marcado por Apalantza-Palacio, perdendo deste modo a segunda praza en favor de Oscar Palacio e Salvador Belzunces. A devandita segunda praza no rallye, supón para os efectos do Campionato de Asturias de rallyes unha vitoria xa que o piloto vasco Gorka Apalantza non puntúa para este.

Co 5º Rallye da Montaña Central, Oscar Palacio pecha unha tempada 2008 onde disputou un total de 22 probas entre rallyes, rallysprints, subidas e circuítos. Ademais, conseguiu o seu terceiro título de campión de Asturias de montaña e clasificouse en segunda posición da Copa de España CM de montaña co seu Silver Car CM.

Clasificación final do 5ª Rallye da Montaña Central:
  • 1. Gorka Apalantza-Rodolfo Del Barrio (Subaru Impreza WRC), 44:32.600.
  • 2. Oscar Palacio-Salvador Belzunces (Mitsubishi Lancer EVO IX), a 21.900.
  • 3. Julio César Castrillo-Francisco Javier Álvarez (Hyundai Accent WRC), a 44.800.
  • 4. Jonathan Pérez-Enrique Velasco (Mitsubishi Lancer Evo IX), a 1:13.800
  • 5. Jesús Fernández-Alberto Iglesías (Mitsubishi Lancer EVO VII), a 1:41.700.
  • 6. César Palacio-Pablo Álvarez (Renault Clio Sport), a 1:56.500.
  • 7. Francisco Cima-Pablo González (Renault Clio R3), a 1:56.800.
  • 8. Javier Beteta-Abel García (Renault Megane Coupé), a 2:42.000.
  • 9. Rubén González-Dimas Sánchez (Mitsubishi Lancer Evo VII), a 3:17.200.
  • 10. Isaac López-Bernabé Gutiérrez (Peugeot 205 Rallye), a 4:07.500
  • ata 49 clasificados.
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 172 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203998