|
Presentado o Volante Xoven |
|
|
|
|
Escrito por Martiño de Lopo
|
|
Sábado, 29 Novembro 2008 19:51 |
|
O Team Nupel presentou o proxecto Volante Xoven, polo que dous pilotos lugueses poderán participar sen ningún tipo de custe económico en dúas probas do campionato Galego 2009 a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X.
Poderán optar a este volante oficial piloto nados na provincia de Lugo, menores de 25 anos, e con carreira deportiva en curso. Será un xurado formado por pilotos, prensa, técnicos e membros da escudería Miño-Lugo quen seleccionará a dous pilotos para participar a bordo do vehículo xaponés nos rallyes de Lugo e Narón puntuables para o Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2009.
A organización ten en marcha unha páxina web na que os interesados poderán recibir toda a información relativa a este volante.
É realmente plausible o apoio, de novo, de Laboratorios Nupel co automobilismo galego creando este proxecto na busca de novos valores. Martiño de Lopo
|