1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Oscar Palacio participará xunto a Salvador Belzunces no 5º Rallye da Montaña Central cun Mitsubishi Lancer Evo IX PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Xoves, 27 Novembro 2008 09:59
Oscar Palacio regresará esta fin de semana ao Rallye da Montaña Central onde o ano pasado debutou en rallyes a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX e logrou clasificarse en sétima posición, sendo terceiro de grupo N, tras sufrir problemas mecánicos nos primeiros compases da proba e marcar varios scratchs, un deles no último tramo do rallye que se celebrou de noite.

Esta fin de semana celebrarase a quinta edición do Rallye da Montaña Central que pechará a tempada 2008 de rallyes en Asturias e onde de novo Oscar Palacio será acompañado polo veterano copiloto Salvador Belzunces. Ambos os dous subirán a un Mitsubishi Lancer Evo IX do preparador llanisco Quattro Rallye e que contará con preparación de grupo XA. A loita polo triunfo final estará moi disputada debido á presenza de nada menos que sete Mitsubishis máis e de tres WRCs, destacando ademais que o título de campión de Asturias de rallyes se decidirá nos tramos mierenses. A presenza de neve e xeo ao longo dos tramos e a celebración do último tramo de noite porá unha dificultade engadida aos 79 equipos inscritos, onde Oscar Palacio lucirá o número número 7 nas portas do seu Mitsubishi.
 


O 5º Rallye da Montaña Central terá lugar esta fin de semana en Mieres, a organización da cal correrá a cargo da escudería Turón Arrass. Durante a tarde do sábado 29 de Novembro desenvolveranse as verificacións administrativas e técnicas na Casa da Xuventude de Tourón, trasladando a cerimonia de saída ao centro da capital do concello, Mieres, que terá lugar ás 20:00 horas na praza do Concello. O domingo, os 79 equipos inscritos enfrontaranse a un total de 71'2 quilómetros cronometrados divididos en catro tramos que se repetirán en dúas ocasións cada un. O parque de asistencia estará situado no Campus universitario de Mieres e a entrega de premios será no Polideportivo de Tourón. Máis información na páxina web da escudería: www.turonarrass.com
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 253 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204110