Despois de vencer a Copa Clio Cup 2008 de rallys española, Joan Vinyes-Jordi Mercader non querían despedir a tempada sen medir as súas forzas con equipos que pilotaron ao longo do ano un Renault Clio R3 nos seus países de orixe. A oportunidade xurdiu, e o piloto andorrano non dubidou en aproveitar unha das poucas datas libres do seu apertado calendario para disputar o 54 Rallye du Var, proba que se disputará a partir do próximo venres (día 28) e que pecha o campionato francés de asfalto.
O rallye que organiza a ASA Club du Var, terá no seu 54a., edición un percorrido con 10 especiais (5 de diferentes) que suman 231,92 kms., distribuídas en 3 etapas. Durante a primeira xornada de competición (día 28), os equipos participantes terán que superar Gonfaron (35,95 kms.), Pignans (16.30 kms) e Mormes les Mimosas (10,70 kms.), unha soa vez cada especial. Ao longo da segunda etapa (dia 29) serán cinco os tramos de velocidade a disputar, Pignans (16,30 kms) e Collobrieres (18,10 kms.), dúas veces cada un e tan só un paso por Vidauban (32,11 kms.). O domingo (dia 30) decidirase de xeito definitivo a clasificación do rallye coa segunda pasada por Gonfaron e Vidauban.
Vinyes afronta o rallye do campionato francés coas mesmas ganas de sempre aínda que con connotacións diferentes, será sen dúbida unha carreira diferente, sairemos sen referencias, en boa lóxica os pilotos franceses que dominan a categoría no seu campionato teñen que estar por diante... nós intentaremos imprimir un forte ritmo dende o inicio para ver onde nos situamos ao final das tres primeiras especiais, ¿despois? xa veremos, o que se está claro é que imos loitar para ser o mellor equipo estranxeiro entre os Clio R3 e para estar o máis arriba posible na clasificación da nosa categoría. Non o terá doado o piloto andorrano xa que son 24 os equipos que disputarán a proba ao volante dun Clio R3, dos que 10 son equipos estranxeiros. Outra das dificultades a superar é o descoñecemento do trazado, estou de acordo que con tres pasadas por cada especial é moi difícil arriscar ao máximo, para empezar temos un tramo de case 36 kms.,... en fin poremos todo da nosa parte para conseguir o obxectivo mencionado.
A Costa Azul, concretamente a localidade de Sainte-Maxime, acollerá unha vez máis os participantes da proba. En diferentes instalacións da mencionada localidade situaranse a Oficina permanente da carreira, sala de prensa, verificacións, parque de asistencia... A única excepción será o parque de asistencia do shakedown que estará situado en Le Muy. O inicio da primeira etapa do 54 Rallye du Var está previsto ás 14 h 40 do próximo venres (día 28), serán tres xornadas de dura competición as que terán que superar os preto de 200 equipos inscritos, para poder entrar o seu vehículo no parque pechado final a partir das 11 h 42 do domingo (día 30). Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|