|
Grande debut das rapazas de Mariño Sport |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Martes, 25 Novembro 2008 12:06 |
|
As catro horas de resistencia de Arteixo serviron como debut A pasada fin de semana no circuíto José Ramón Losada, na localidade de Arteixo acolleu as 4 horas de resistencia, onde tomaron parte: Mónica Da Ponte Modroño, Verónika González Misa, María Priego Rodríguez e Vanessa Lago campos aos mandos dun Citroën ax gti.
A xornada comezou coa quenda de adestramentos onde debido á falta de experiencia, xa que só unha delas, Verónika competira nalgunha proba solta de montaña, o resto do equipo non tiña ningún tipo de experiencia ao volante dun vehículo de competición pero si como copilotos, agás María que carecía dalgún tipo de experiencia dentro deste ámbito, comprobaron de primeira man o duro q ía a ser a proba debido sobre todo ás condicións do terreo. Xa na competición oficial saíron a facer o seu papel a correr pero sobre todo a gozar, e así fóronse alternado aos mandos do Ax Gti, todo estaba a saír ben ata q a raíz dun golpe unha roda foi arrancada do sitio, a desilusión palpábase no rostro das rapazas pero un grande esforzo realizado pola asistencia e ao observar q o dano podería ser emendado dentro dun tempo para poder puntuar, procedeuse á reparación de emerxencia do coche rematando a proba na 14 posición da clasificación final e polo tanto lograr aguantar durante toda a resistencia.
Todo o equipo finalizou cun grande sorriso esta xornada de resistencia e agradecendo a todos os patrocinadores e amigos que fixeron posible esta experiencia que sen dúbida cabe foi máis que positiva e gratificante.
Texto: Comunicado de Prensa Fotografía: Sandy López Tradución: Curuxarallye
|