1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

O título do Desafío Peugeot escapoulle a Senra do peor xeito PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 15:37
E é que unha enfermidade contraída nas xornadas previas ao inicio do rallye Shalymar fixo que o piloto de Dumbría e con el todo o seu equipo, tivesen que volver á casa antes de chegar a loitar por un campionato no que tiñan moitas opcións, máis aínda tendo en conta que o seu principal rival non rematou a proba.

Xa cando cheguei o martes a Madrid comecei a atoparme bastante mal, con nervios e mal estar xeral pero as seguintes horas foron o peor. Sentíame fatal e mesmo cheguei a vomitar en varias ocasións. Creo que tomamos a decisión correcta, posto que non podería competir co nivel de concentración esixido e ter algún tipo de contratempo, valoraba entristecido Senra.
 
 
Perder o campionato deste xeito sábenos fatal a todo o equipo, polo que loitaramos durante toda a tempada. Tiñamos moitas opcións en Madrid, posto que o noso rival, Monarri, podía cometer algún erro ou ter algún tipo de problema ao correr na casa, como así foi.

Poderiamos gañar...

... de participar na proba, Senra e Vázquez poderían conquistar o título do Desafío Peugeot no rallye Shalymar, este pasado sábado 22, algo moi valorado no mundo da competición en España, por tratarse da copa máis antiga e de maior prestixio. Para iso tiñan que lograr a vitoria na proba e esperar a que o seu principal rival non obtivese un bo resultado.

E non só o pesar de poder gañar senón que ademais a parella gallege perdeu a súa segunda posición no campionato, finalizando na terceira, algo que contribuíu negativamente na valoración final da tempada: Ao final, as cousas torcéronse inesperadamente e remataron do peor xeito posible, pero así é a alta competición. Debemos felicitar a Monarri polo título e a Vallín polo segundo posto, así como ao noso compañeiro Iván Ares, a quen lle escapou o rallye por moi pouco.


Clasificación Final - Desafío Peugeot 2008
  • 1. Alberto Monarri, 141 puntos
  • 2. Esteban Vallín, 135
  • 3. Víctor Senra, 132
  • 4. Miguel Arias, 122
  • 5. Climent Domingo, 117
 
Texto: Comunicado de Prensa
Fotografía: Miguel Díaz
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 263 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204103