1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Peugeot, Campión de España de Rallyes de marcas e pilotos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 12:32
No Rallye Shalymar Quique Ojeda proclámase Campión de pilotos, pechando así a tempada 2008 cun excelente dobrete para Peugeot, que xa tiña asegurado o título de marcas
Tras unha espectacular tempada, Peugeot proclamouse Campión de España de Rallyes de pilotos e de marcas co Peugeot 207 S2000, que se perfilou como o mellor coche do nacional e que conseguiu coroarse con este fantástico dobrete, converténdose Enrique García Ojeda e o seu copiloto Jordi Barrabés nos novos campións do nacional de pilotos e copilotos.

No Rallye Shalymar, en Madrid, Ojeda e o seu Peugeot 207 S2000 conseguiron a segunda posición final, o que lles deu o título de pilotos matematicamente. A pesar de que a proba se disputou nunhas condicións que xunto ao trazado dos seus tramos non beneficiaban en nada aos vehículos S2000, o equipo controlou a carreira á perfección, sen arriscar máis do necesario e mostrando unha vez máis o potencial e a fiabilidade do Peugeot 207 S2000.
 

 
Non foi unha tempada doada para Peugeot Sport España, que se tivo que enfrontar aos vehículos GT, cunha cilindrada e potencia moi superiores ás do S2000. A pesar deste hándicap, e nun final de tempada coa máxima emoción, o Peugeot 207 S2000 logrou superar os seus rivais e cumprir co obxectivo que o equipo se marcou a principios de ano con este dobrete.

Borja Moratal valoraba este título conseguido como perfecto para unha tempada especialmente complicada na que nos tivemos que enfrontar aos GT. O Peugeot 207 defendeuse ben sobre todos os terreos a pesar dos que non nos foron favorables. O campionato de pilotos logrado hoxe con Quique de Campeón de España é o broche de ouro a unha tempada na que xa nos proclamamos campións de marcas. O equipo fixo un fantástico labor ao longo de todo o ano, pero especialmente na segunda metade, onde o coche non fallou en ningunha carreira, e grazas sobre todo ao equipo conseguimos estes dous títulos.

Para Enrique García Ojeda este título é moi importante, era o que me faltaba na miña carreira deportiva e a verdade é que me facía moita ilusión. O equipo disputou unha grande tempada, non só polos bos resultados senón tamén porque foi un ano moi complicado no que nos tivemos que enfrontar aos GT, que foron moi difíciles de bater.

No Desafío Peugeot Total, os 206 XS disputaron en terras madrileñas a súa última proba puntuable da tempada e da súa carreira deportiva despois de 9 anos, dando paso ao novo e espectacular 207 RC Rallye. Esteban Vallín foi o vencedor desta última proba puntuable, mentres que o título final na monomarca máis antiga de España levouno o madrileño Alberto Monarri.

Clasificación final Rallye Shalymar:
1. Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3), 1:29.50.1. 2. Enrique G. Ojeda (Peugeot 207 S200), a 1:21.5. 3. Armide Martín (Ferrari 360 Rallye), a 3:07.4. 4. Xavi Pons (Porsche 911 GT3), a 3:30.2. 5. Txus Jaio (Ferrari 360 Rallye), a 4:29.3.

Clasificación Campionato de España de Pilotos:
1. Enrique G. Ojeda 106,5 puntos. 2. Sergio Vallejo 106,5. 3. Luis Monzón, 90. 4. Miguel Fuster, 65. 5. Alberto Hevia, 47.

Clasificación Campionato de España de Marcas:
1. Peugeot, 609,5 puntos. 2. Mitsubishi, 435. 3. Renault, 381,5. 4. Nissan, 277. 5. Fiat, 236
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 252 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204147