|
Vitoria de Sergio Vallejo con Porsche Nupel no Rallye Shalymar |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Luns, 24 Novembro 2008 12:28 |
O Campionato de España de Rallyes completouse coa disputa do Rallye Shalymar na Comunidade de Madrid, que finalizou cunha nova vitoria do Porsche dos irmáns Vallejo.
Os galegos do equipo NUPEL situáronse como líderes da proba dende o primeiro tramo do rallye, sen abandonar en ningún momento esa posición, chegando ao podium do circuíto do Jarama con máis dun minuto de vantaxe sobre o cántabro Enrique García-Ojeda, aos mandos dun Peugeot Super2000.
O outro Porsche del Equipo NUPEL, pilotado polos cataláns Xevi Pons e Alex Haro, que comezaron rodando en segunda posición da clasificación xeral do rallye e marcaron o mellor tempo en varios tramos cronometrados, acabarían descendendo á cuarta praza final, debido a un pequeno problema da caixa de cambios.
Con este resultado, Sergio Vallejo sumou un total de 136,5 puntos no certame nacional, fronte aos 118,5 logrados polo piloto de Peugeot Sport España. En canto a puntos netos, como se reteñen os sete mellores resultados conseguidos por cada un deles ao longo da tempada, existiu total igualdade, empatando ambos os dous a 106,5 puntos. Aplicando a interpretación federativa das normas de desempate, o nacional de rallyes caeu do lado do cántabro, sendo para o galego o subcampionato, así como a vitoria no Trofeo GT do Campionato de España.
CLASIFICACION FINAL DO RALLYE SHALYMAR- 1º Sergio Vallejo - Porsche GT3 NUPEL -1 hora 29 minutos 50,1 segundos
- 2º Enrique García - Peugeot Super2000 - a 1 minuto 21,5 segundos
- 3º Armide Martín - Ferrari 360 Rallye - a 3 minutos 7,4 segundos
- 4º Xevi Pons - Porsche GT3 NUPEL - a 3 minutos 30,2 segundos
- 5º Txus Jaio - Ferrari 360 Rallye - a 4 minutos 29,3 segundos
CLASIFICACION CAMPIONATO DE ESPAÑA1º Enrique García - Peugeot Super2000 - 106,5 puntos 2º Sergio Vallejo - Porsche GT3 NUPEL -106,5 puntos3º Luis Monzón - Peugeot Super2000 - 95 puntos Texto: Comunicado de Prensa Fotografía: Martiño de Lopo ©Curuxarallye Tradución: Curuxarallye
|