1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Abandono a tres tramos para o final de Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 12:24
O equipo galego patrocinado pola Deputación da Coruña e Turgalicia non puido culminar a tempada coa obtención do título do Trofeo de Históricos xa que, se ben no pasado Rallye Costa Brava dabamos por feito que Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo serían campións de Históricos por segunda tempada consecutiva, agora debemos rectificar e unha vez disputado o Rallye Shalymar hai que sinalar que Jesús Ferreiro se tivo que conformar co subcampionato.

O motivo do cambio é unha circular emitida pola RFEdA no ano 2007 e que segundo o estamento federativo aínda se mantiña vixente durante a presente tempada. A mesma indicaba que no Trofeo de Históricos contabilízanse cinco resultados, un por comunidade, polo que Ferreiro debía eliminar unha das dúas vitorias galegas, ben Rías Baixas, ben Ferrol, quedando así unicamente con tres triunfos.
 

Iso motivou que tivese que acudir ao Shalymar madrileño co único obxectivo de rematar, pero lamentablemente a tres tramos do final unha avaría no motor provocaba o abandono e a perda do título, que recaía no seu bo amigo Fernando Dameto. Algo quizais incomprensible dada a traxectoria mostrada por Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo, pero que para nada deixa unha sensación agridoce sobre a tempada realizada. En Madrid unicamente quedou o consolo da cuarta praza conseguida por Javier Anido e David Míguez co outro Ford Escort de Motor Melide.

Ata ese momento e agás algún scratch eventual de Antonio Sainz ou Fernando Dameto, o dominio no Trofeo de Históricos correspondía a Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo, os que estaban a deleitar aos numerosos afeccionados presentes nos tramos da serra madrileña cun bonito espectáculo no seu habitual Ford Escort MKII.
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 195 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203949