|
Luis Penido, campión Galego de montaña en Grupo A |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Luns, 24 Novembro 2008 12:11 |
O piloto compostelano consegue un novo título, esta vez en subidas O piloto santiagués Luis Penido conseguiu en O Carballiño o obxectivo que se formulou na metade da tempada actual. Penido reorientou os seus obxectivos cara á especialidade da montaña, de grande arraigamento e seguimento en Galicia, cos miras postos no título de grupo A, categoría á que pertence o seu Mitsubishi Lancer EVO VI. E onte domingo conseguiu o devandito galardón na subida que pechaba o calendario galego do presente ano
Chegaban Penido e o seu equipo á última cita do ano, a inédita subida a Cabanelas, na estrada que une as localidades ourensanas de Leiro e O Carballiño. O santiagués era líder do campionato no seu grupo e segundo os seus cálculos sendo cuarto neste tería os puntos suficientes para ser campión. As cousas achandáronse máis cando se soubo que o seu principal rival, o ourensano Diego Gómez, non podía competir ao non ter reparado a tempo o seu coche do accidente sufrido na carreira anterior celebrada en Noia. Desta forma a Penido chegáballe con tomar a saída nunha das mangas oficiais para proclamarse campión.Infortunio mecánicoCon estas premisas o piloto de Otero Caritón e Kaizen Motor tomou a saída na manga de adestramentos, onde volveu prestar a súa colaboración coas cámaras do programa de TVG " Galicia Ras". Na devandita ascensión, dominada polos turismos, Penido marcaba un crono que o situaba na quinta praza absoluta dunha xeral encabezada por Manuel Senra ( Peugeot 306 Maxi) e Javier Paz ( Mitsubishi Lancer EVO IX). Xa na primeira suba oficial, das dúas establecidas no regulamento, o santiagués buscaba mellorar o seu tempo e á vez colocarse en lugares cabeceiros, cando cedeu a caixa de cambios do seu Mitsubishi, obrigándoo a abandonar. Cabanelas déixanos un sabor agridoce, pois me gustase rubricar o título galego de grupo A con outra vitoria, pero avariouse algo da caixa de cambios. Este ano, por circunstancias diversas, reorientamos os nosos obxectivos á montaña, especialidade onde se roda ao límite sen dereito ao menor erro, e onde existe un gran seguimento por parte dos afeccionados. Xa dende a cita da Estrada vimos que podiamos ter opcións en grupo A, gañando nesta subida, así como en Poio e Cerdedo, sendo segundos en Iroite. Quedábanos conseguir un resultado a maiores na última suba, onde por outro lado o noso principal rival non puido participar. É un título moi traballado, porque empezamos a tempada máis tarde que outros pilotos e polo cal non podiamos permitirnos fallar. Dedícollelo, por suposto, a todos os membros do meu equipo, que o merecen como eu, así como aos patrocinadores que nos apoiaron, sen os cales non sería posible logralo, valoraba o flamante campión do 2008. Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|
|
|
Piloto Oficial Super Cross Car
Fai click aqui para ver toda a información
Sorteo de Cursos PTC
Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela Fai click aqui para ver toda a información
Curuxas en Curuxa
Temos 305 convidados en liña
Estatísticas desde 11-IX-2007
Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204098
|