|
Segunda praza en turismos para Javier Paz na I Subida a Cabanelas Carballiño |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Luns, 24 Novembro 2008 12:07 |
Unha avaría impediulle tomar a saída na segunda manga oficial, cedendo por milésimas a vitoria en carrozados ante Manuel Senra, que conseguiu superalo no último momento
Non quería perder Javier Paz a primeira edición dunha carreira que, dado o seu escenario, resultaba moi especial para el. Non en van o piloto de Carballiño competiu en innumerables ocasións, ao longo da súa dilatada traxectoria deportiva, no tramo que transcorre ao longo da OU-413. Un traxecto que antano empregado no carballinés Rallye do Lacón, agora acolleu a última cita do ano no Campionato Galego de Montaña.Javier Paz empregaba para a ocasión un Mitsubishi Lancer Evo VIII do preparador AR Vidal, un vehículo que lle permitía obter o mellor crono na primeira manga das dúas oficiais a disputarse, por diante dos dous homes que hoxe ían ser os seus principais rivais: Manuel Senra ( Peugeot 306 Maxi) e Javier Arias ( BMW M3). A segunda manga ía permitir a Paz unha oportunidade de mellorar ese rexistro e rubricar así a vitoria, non obstante un problema coa electrónica do coche impedíalle tomar a saída nesa última ascensión oficial, na que Senra lograba mellorar o seu rexistro anterior e superar a Paz por centésimas de segundo. Tal e como declaraba estoicamente o ourensano: O resultado obtido penso que é moi bo, non obstante é unha pena non poder conseguir unha vitoria que claramente tiñamos ao noso alcance. As carreiras teñen estas cousas, e as avarías son parte do xogo.Clasificación da proba en www.temposfga.com
|