1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Álvaro Muñiz: "Fixemos todo o que estaba nas nosas mans, pero non foi suficiente" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 11:54
O piloto coruñés venceu no Rallye Shalymar, pero debe conformarse co subcampionato no trofeo Producción Rallye Racing
Álvaro Muñiz disputaba esta fin de semana o Rallye Shalymar, a penúltima cita do trofeo Produción Rallye Racing, certame monomarca no que os participantes compiten a bordo de Mitsubishi Lancer Evo IX, e no que Muñiz conseguiu este ano o título de Campión de rallyes de terra.

Álvaro saía a este rallye coa intención de optar ao título absoluto de Produción (resultado de combinar os resultados de asfalto e terra), rubricando unha incualificable actuación ao lograr a vitoria na carreira madrileña. Non obstante o segundo posto obtido por o seu máximo rival, Jordi Martí, outorgaba o título ao piloto catalán.


Fixemos todo canto estaba nas nosas mans - comentaba Muñiz - pero non nos abondaba con gañar, así que toca conformarse con este subcampionato e felicitar a Jordi. Non me podo queixar desta tempada pois logramos o título de Campións de Produción en terra, así como a reválida do título na categoría Senior do galego de Karting. Todos estes éxitos queremos dedicárllelos aos meus patrocinadores, que fixeron un esforzo moi grande esta tempada para botarnos unha man e permitirnos alcanzar os nosos obxectivos deportivos.
 
Esta foi a décima proba dun apretadísimo calendario con catorce citas, a última das cales terá lugar en Tárrega (Lleida) o 6 de decembro. E dado que o título está xa decidido, aínda está pendente saber se Muñiz acudirá finalmente a participar nesta carreira.
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 268 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204109