1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Iván Ares no Rallye Shalymar: "Antes do rallye asinaría o segundo posto, pero agora só penso en que me escapou a vitoria" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 11:48
O coruñés, que xa liderou a proba tras o primeiro tramo, pelexou por unha vitoria da que ao final quedou a 10 segundos
Iván Ares chegaba a esta carreira, a última do seu programa 2008 no Campionato de España de Rallyes, con ánimo de confirmar con resultados a súa progresión e aprendizaxe ao longo da que foi a súa primeira tempada no Nacional.

E xa dende o primeiro tramo ese feito quedou demostrado plenamente, sendo o autor do mellor crono por diante de Alberto Monarri, que era a priori o gran favorito (e a postre foi, a falta de confirmación oficial, vencedor do Desafío Peugeot Total 2008).

Ares comezou así loitando pola vitoria co propio Monarri, así como co veterano piloto asturiano Esteban Vallín (que compite no Nacional dende 1997). As condicións do asfalto, moi húmido e escorregadizo, xunto coas temperaturas máis baixas do ano, convertían cometer un erro en algo tremendamente doado. A proba comezaba na noite do venres, con tres tramos, situándose Monarri líder con 12,4 segundos de vantaxe sobre Ares tras 46 kms cronometrados.


O abandono de Monarri, por avaría no primeiro dos tramos que se ían disputar o sábado, situaba na cabeza a Ares, que malia un lixeiro descoido no oitavo tramo, dominaba a carreira ata o fatídico penúltimo tramo.

E é que cando a súa vantaxe sobre Vallín era de 11,8 segundos, Ares sufría un trompo na especial de "A Poboa-Robledillo", quedando o seu coche en sentido contrario nunha zona moi estreita, onde non era nada sinxelo manobrar. O saldo deste contratempo eran 19,6 segundos perdidos con Vallín, que agora se situaba na cabeza a falta dos apenas 10,9 quilómetros da superespecial celebrada no Circuíto do Jarama, sendo isto xa evidentemente insuficiente para intentar remontar. Tocaba confrmarse cun segundo posto que, se ben é un magnífico resultado, agora mesmo sabe a pouco sendo capaces de lograr a que fose primeira vitoria nacional.

Ares, un tanto apoucado por esta oportunidade perdida, valora non obstante de forma moi positiva a tempada: ¡é unha pena que o Campionato non empezase na segunda metade de ano! De novo demostramos que cando o rallye é novo, e non temos o hándicap de descoñecemento do terreo respecto aos nosos rivais, estamos arriba na clasificación. Hoxe cometín dous erros nos que me escapou a vitoria, e polo tanto só me queda felicitar o vencedor e aprender da experiencia. O segundo posto é un magnífico resultado, pero agora sábeme a pouco, tendo a vitoria practicamente nas mans. Quixese dedicar ese triunfo a toda a xente que nos apoiou este ano, empezando polo equipo RACC Motorsport, xente ante a que espero responder á confianza depositada en min. Non puido ser e espero chegue o momento o ano que vén, en que me gustaría repetir participación no Campionato de España de Rallyes .

CLASIFICACIÓN RALLYE SHALYMAR
(Non Oficial)
Desafío Peugeot Total
(Todos os participantes a bordo de Peugeot 206 XS)
  • Vallín-Cue 1:42:50.2
  • 2º Ares-Bañobre a 10.9
  • Pérez-Ibarra a 1:24.3
  • 4º Domingo-Garduño a 2:12.8
  • 5º Segura-Aviño a 2:35.3

A falta de confirmación oficial deste resultado, a clasificación final do certame promocional de Peugeot sería encabezada por Alberto Monarri, que se proclamaría Campión a pesar do seu abandono nesta última proba do ano. Iván Ares finaliza o ano como sétimo clasificado e claramente como o mellor novato da tempada
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 267 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204138