1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Brillante peche de tempada no nacional para Fran Cima PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 11:42
Victoria tanto na Junior como na Clio Cup e unha moi meritoria oitava posición scratch é o magnífico balance de Fran Cima e o seu copiloto Pablo González no rallye Shalymar, última proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2008.
O novo piloto asturiano realizou un excelente rallye ao volante do seu Clio R3, co que non tivo o menor problema para impoñerse na clasificación do monomarca de Renault, do que remata o ano como subcampión. Fran sumou ademais un novo e claro triunfo no apartado reservado aos pilotos menores de 23 anos, o Trofeo Junior de España, do que xa chegaba a Madrid como campión.

 



Pero realmente o que máis satisfacción daba a Cima e o seu equipo era o rendemento de todo o conxunto ao longo deste Shalymar 2008, con cronos sempre entre os dez mellores da xeral e saíndo ademais gañador no último tramo dunha pechada e bonita pugna mantida practicamente ao longo de toda a xornada co Nissan 350 Z do campión madrileño de rallyes Rubén Gracia.

Malia a maior potencia do GT xaponés e ao lóxico superior coñecemento do terreo do seu piloto, Cima estivo sempre nos cronos do seu rival, para acabar arrebatándolle a oitava posición absoluta da clasificación xeral na pasada final polo circuíto do Jarama. Fran facía bo uso da súa experiencia de piloto de motos en circuíto e atopábase especialmente a gusto no clásico trazado madrileño, o que lle permitía compensar a moi superior cabalaría do Nissan a base de excelentes trazadas apoiadas no magnífico comportamento dinámico do Clio R3, que rendía de modo fantástico ao longo de todo o rallye e mostrábase especialmente eficaz en mans de Fran nas curvas do circuíto.

Con este bo resultado no Shalymar, Cima pecha a súa tempada no Campionato de España de Rallyes 2008, no que a súa progresión ao volante do R3 foi constante, o que lle permitiu facerse co seu segundo título nacional junior e co subcampionato na primeira edición da Clio Cup destinada ao novo modelo de Renault nos rallyes

 

Texto e foto: Comunicado de Prensa

Tradución: Curuxarallye

 

 

 

 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 307 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204096