|
A pelexa entre Antxustegi e Jiménez mantívose ata o último tramo aínda que a vitoria na proba foi para Núñez. Unha das características da Copa Suzuki Swift foi a igualdade mantida durante todo o ano, e como non podía ser doutro xeito, na última cita do ano tamén se cumpriu, decidíndose o vencedor, Gorka Antxustegi por só dous puntos de vantaxe sobre Marc Jiménez.
En Madrid presentábanse todos os participantes, coa excepción de Iban López. Pola súa parte Benjamín Avella e Jaume Barceló acollíanse á figura do piloto reserva considerada no regulamento, co que o asturiano Roberto Flórez presentábase en nome do primeiro e Rafael Barceló facíao no lugar de Jaume Barceló. A elección de rodas trouxo de cabeza os pilotos, xa que aínda que non chego a chover, os tramos estaban moi delicados con zonas de humedades debido á néboa. Na primeira sección disputada na noite do venres, Antxustegi e Jiménez saíron a por todas, rematando a etapa separados por só 4 décimas tras gañar un tramo cada un. O segundo día comezaría cunha situación practicamente de empate para os dous principais aspirantes ao título.
Durante a xornada do sábado Antxustegi foise distanciando dos seus rivais, ata chegar ao oitavo tramo cunha vantaxe de 48 segundos sobre Jiménez e de 58,4 sobre Esteban Núñez. Parecía que o vasco tiña a vitoria ao alcance da súa man e a partir dese momento tomábao con calma, sobre todo cando Jiménez penalizaba 50 segundos ao ter que cambiar un taco de motor na asisencia. Pero nos rallyes non se pode cantar vitoria ata que se chega á meta. Antxustegi picaba dúas rodas no penúltimo tramo e perdía case dous minutos. Quedáballe por disputar o último tramo no Jarama, algo que fixo coa roda picada. Antxustegi penalizaba 10 segundos polo atraso acumulado e cando parecía que tiña todo perdido, Aquilino Sánchez sufría unha penalización de 20 segundos que permitía a Antxustegi proclamarse Campión da Copa Suzuki Swift.
Diego Pinilla tamén sumaba unha penalización e tras rodar todo o día na quinta praza caía ata a sétima sendo superado por Aitor Fernández e Miguel Blanco. Miguel García era oitavo mentres que Roberto Flórez se colocaba na novena posición coñecendo un coche co que disputará a próxima edición da Copa. Seguíronlle Angel Romo, quen tras unha saída non puido brillar no rallye da súa casa, Jorge González, Victor Pardeiro, Cristian Belsa, Mario Zullo e Rafel Barceló quen experimentaba o que sente ao volante do Swift tras copilotar o seu primo toda a tempada.
Todos os coches que tomaron a saída, chegaron á meta a pesar de que foi un rallye complicado, demostrando a fiabilidade e robustez do Suzuki Swift, algo que puido comprobar en persoa D. Tomoyuki Shimazaki, Presidente de Suzuki, quen estivo durante todo o día vendo o desenvolvemento da proba.
Finalizada a edición 2008 da Copa Suzuki Swift, tan só queda empezar a traballar na próxima edición, o luns 24 de novembro ábrese a preinscrición da Copa Suzuki Swift 2009. Poderase solicitar máis información e o boletín de inscrición no enderezo de correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Clasificación final 18 Rallye Shalymar- 1. E.Núñez 1:47:45,1
- 2. M.Jiménez 1:47:52,5
- 3. G.Antxustegi 1:49:26,5
- 4. A.Sánchez 1:49:38,8
- 5. A.Fernández 1:50:04,0
- 6. M.Blanco 1:50:06,9
- 7. D.Pinilla 1:50:13,0
- 8. M.García 1:51:25,2
- 9. R.Flórez 1:52:46,5
- 10. A.Romo 1:53:12,4
- 11. J.González 1:55:49,5
- 12. V.Pardeiro 1:56:25,6
- 13. C.Belsa 1:57:37,2
- 14. M.Zullo 2:01:20,9
- 15. R.Barcelo 2:06:07,8
Clasificación Final Copa Suzuki Swift 2008 1. G.Antxustegi 129 ptos 2. M.Jiménez 127 ptos 3. E.Núñez 102 ptos 4. A.Sánchez 96 ptos 5. A.Fernández 87 ptos 6. A.Romo 62 ptos 7. J.Barceló 50 ptos 8. V.Pardeiro 48 ptos 9. C.Belsa 39 ptos 10. B.Avella 35 ptos 11. J.González 35 ptos 12. D.Pinilla 29 ptos 13. M.Blanco 28 ptos 14. M.Zullo 23 ptos 15. I.López 11 ptos 16. M.Garcia 9 ptos. Texto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|