|
O piloto catalán Jordi Martí proclamouse campión da primeira edición do Produción Rallye Racing tras rematar segundo tras Alvaro Muñiz no Rallye Shalymar, penúltima proba do calendario de catorce probas sobre o que se disputa o certame monomarca organizado por RMC coa colaboración da RFEdeA e o RACC.
Martí chegaba ao rallye madrileño como líder destacado na xeral provisional e só necesitaba concluír entre os catro primeiros da copa para asegurarse o título sen necesidade de disputar a última cita deste, prevista no rallye de terra de Tárrega. O labor de Jordi víase ademais facilitada pola non participación no Shalymar de varios dos seus rivais, que en vista da súa situación na clasificación facían uso da posibilidade prevista no regulamento do PRR de non tomar parte en todas as súas probas. De aí que, finalmente, só Alvaro Muñiz optase por defender aínda as súas opcións ao campionato e o último rallye de asfalto do ano a convertiese nun duelo man a man entre o piloto galego e o catalán, co primeiro tratando de manter aínda vivas as súas opcións ao título e o segundo buscando deixalo xa definitivamente decidido ao seu favor.
Cun esquema diferente ao da maioría dos rallyes do nacional de asfalto, o Shalymar arrancaba xa para os efectos de competición na noite do venres, con tres especiais nas que a igualdade entre Martí e Muñiz era máxima, con menos dun segundo separando ambos os dous ao final da xornada inicial da proba.
O sábado, mentres Muñiz partía ao ataque en busca da vitoria, o único resultado que lle valía para seguir na loita polo campionato, Martí adoptaba un ritmo máis prudente, consciente de que non pagaba a pena correr riscos xa que con rematar se aseguraba o título. Dese modo, Alvaro facíase xa co liderado do rallye na primeira pasada pola Morcuera e tomaba vantaxe sobre Jordi con dous scratch máis, en Navafría que o situaba na cabeza con máis dun minuto de vantaxe. Unha diferenza que se ampliaba de forma substancial en La Cabrera, tramo que Martí facía sen turbo o que lle significaba perder tempo no tramo e penalizar no control horario previo á primeira asistencia do día, aínda que non lle impedía seguir en competición como era o seu principal obxectivo.
Coas posicións tan claramante definidas logo dos tramos do primeiro bucle do día, o resto da xornada non tiña xa máis historia en canto á loita pola vitoria, Muñiz conservaba sen problemas a primeira posición, sitándose ademais entre os dez mellores da xeral absoluta do rallye, nunha nova demostración do excelente nivel dos coches e pilotos do PRR, mentres que Martí se limitaba a rematar sumando así os puntos necesarios para proclamarse campión. Un triunfo merecido polo piloto catalán, que sumou sete vitorias nos trece rallyes disputados, aínda que non por iso tivo nada doado facerse co título xa que a igualdade en cada unha das probas foi a tónica habitual. Algo que veu propiciado polo excelente rendemento dos Mitsubishi EVO IX preparados por RMC segundo as especificacións da categoría de produción, que se mostraron durante todo o ano tremendamente competitivos e fiables, contribuíndo de forma decisiva ao brillante desenvolvemento do PRR. Tras o éxito que supuxo a todos os niveis, dende deportivos ata organizativos ou publicitarios, a primeira edición do Produción Rallye Racing, en RMC xa se traballa na segunda edición do certame que terá lugar no 2009. No Shalymar xa se puido ver en acción ao modelo que será utilizado o ano próximo no segundo ano da copa ideada por Roberto Méndez, o Mitsubishi EVO X, que fixo o seu debut en mans de Dani Solá e con preparación grupo N. Respecto ao coche con especificacións 'produción' que se usará no PRR da próxima tempada, o estreado polo piloto catalán diferénciase só a nivel de freos e caixa de cambios, mentres que o resto de compoñentes do vehículo visto esta fin de semana en Madrid estarán presentes nas dez unidades previstas para o 2009 e que competirán nun calendario de dez probas, cinco sobre terra e cinco sobre asfalto, incluíndose en estas últimas a proba do mundial de rallyes en España, o Rallye de Cataluña. Un aliciente extra ao que se engade o importante premio final para o gañador do PRR na súa segunda edición, ser piloto oficial de RMC no Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2010 ao volante dun Mitsubishi EVO X 'tope grupo N'.
Clasificación do "Produción Rallye Racing" no Costa Brava - 1 Alvaro Muñiz-César Blanco 1 h 41 ' 16. 0
- 2 Jordi Martí-Gabriel Sánchez a 4 ' 20. 9
Clasificación provisional do "Produción Rallye Racing" - 1 Jordi Marti 63 puntos
- 2 Alvaro Muñiz 54 puntos
- 3 Carlos Márquez 51 puntos
- 4 Diego Cabanela 34 puntos
- 5 Juan Carlos Aguado 28 puntos
- 6 José María Santana 11 puntos
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|