1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Sergio e Diego Vallejo gañadores en Madrid PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 24 Novembro 2008 10:58

Enrique Ojeda, segundo, proclámase Campión de España de Pilotos
Un grande e inesquecible día de rallye brindou o Shalymar tras unha batalla pola vitoria e o campionato que pasará aos anais nas hemerotecas.
Arrancaba o día con Sergio Vallejo como líder para afrontar unhas especiais marcadas polas abundantes e delicadas humedades nas que a monta de pneumáticos resultaba definitivo. Vallejo sometía a presión a Ojeda quen se vía impotente para frear o galego. Por detrás do dúo de protagonistas, Xevi Pons asumía o seu papel de xuíz do certame e iniciaba unha aproximación cara ao de Peugeot. Pons lograba mesmo encadear unha serie de vitorias parciais que deixaba aberto o acceso á segunda praza a Xevi, máxime cando a sección da tarde se debía pasar dúas veces polo Jarama, beneficioso para o seu Porsche GT.


A mañá deixaba sorpresas como a presenza da chuvia no alto de Navafría, acompañada de néboa e frío, que complicaba aínda máis a xa de por si esixente carreira. Pero en todos os terreos, seco ou mollado, frío ou con mellor temperatura, Vallejo non deixaba de manter a cabeza e de aumentar máis e máis a diferenza sobre Ojeda.
Chegamos á primeira pasada polo circuíto do Jarama, tramo 10 de carreira de 13 programados- e alí decidiríase a proba. Vallejo facía o propio, rebentaba o crono e deixaba unha diferenza de case 20 segundos sobre Ojeda. A mirada estaba posta en Pons. Se era capaz de ter un ritmo case igual ao do seu compañeiro de equipo Vallejo, podería poñerse segundo. Xevi saíu a dar o máximo pero... a súa aposta saíulle mal. Sufría unha saída a final de recta e deixábase minuto e medio. Entón xa só quedaba esperar un desastre na cabeza para que as cousas cambiasen. Vallejo non fallaba, gañaba por vez primeira o Shalymar pero Ojeda, co segundo posto, lograba o seu primeiro título de Campión de España de pilotos. Un éxito para Peugeot- Campeona de Marcas- e para o seu copiloto, Jordi Barrabés -Campión de copilotos-.
Pero Xevi Pons non só perdeu o segundo posto senón que, tamén, os problemas na caixa de cambios apartárono do terceiro, que herdaba o canario Armide Martín, moi desconfiado co chan húmido, tras cinco meses sen pilotar o Ferrari 360, pero máis firme en seco.
Tras Pons, quinto foi Txus Jaio, mellor tramo a tramo, tras moitos anos sen correr o nacional de asfalto e debendo adaptarse á condución doutro Ferrari.

 


 

Dani Solá foi sexto nun bo debut do Mitsubishi Lancer Evo X -primeira unidade que corre en España- a pesar de ter problemas cos freos e os diferenciais. Súa foi a vitoria en Grupo N.

No resto de Copas e Trofeos, Fran Cima -oitavo na xeral- gañaba na Renault Clio así como en Junior; Rubén Gracia -noveno absoluto- vencía na Nissan 350 Z e tamén no certame autonómico de Madrid; Alvaro Muñiz foi o mellor en Produción e Produción Rallye Racing; Esteban Vallín foi o vencedor no Desafío Peugeot; Esteban Núñez en na Copa Suzuki Swift e Fernando Dameto en Clásicos de Velocidade. Gonzalo Rico Abelló foi o vencedor en Clásicos de Regularidade.

Moitos gañadores en carreira pero tamén hai outros gañadores como o público do Shalymar. Afluencia masiva en todos os tramos, comportamento exquisito e bo entendemento dunha proba que deu mostras da súa madureza para o Campionato de España.

Madrid tivo o mellor rallye, Madrid volveu contar coa mellor competición do motor e en 2009 o Shalymar volverá.

Ao final de carreira Sergio Vallejo apuntaba: unha grande tempada que acaba con vitoria. Démolo todo pero felicito a Ojeda e a Peugeot polo seu bo resultado. Tamén a Xevi Pons, que é un gran profesional. Tocoulle o papel de arriscar e fíxoo, pero non lle saiu ben.

Pola súa parte Ojeda mostraba unha alegría aínda contida: Por fin podo sorrir. Foi un día moi tenso, non o tiña nada claro. Corrín con moita presión. Pero as carreiras son así. Contento por Peugeot, e polo meu copi Jordi Barrabés e por toda a afección de Cantabria que me apoiou.

Clasificación XVIII Rallye Shalymar

  • 1º S.Vallejo/D.Vallejo Porsche 911 GT3 1 h 29 m 50.1
  • 2º E.Ojeda/J.Barrabés Peugeot 207 S 200 a 1 m 21.5
  • 3º A.Martín/C.del Barrio Ferrari 360 Rallye a 3 m 07.4
  • 4º X.Pons/A.Haro Porsche 911 GT3 a 3 m 30.2
  • 5º. T.Jaio/I.Izaguirre Ferrari 360 Rallye a 4 m 29.2 

 

Texto e foto: Comunicado de Prensa

Tradución: Curuxarallye

 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 198 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203953