Ojeda intenta seguir o seu ritmo Retornou o Campionato de España de Rallyes de Asfalto a Madrid co arranque do Shalymar que na xornada do venres celebrou a súa primeira etapa que incluía tres tramos cronometrados e 46 kms cronometrados - Puerto de Canencia, La Hiruela, e La Puebla-Robledillo.
O galego Sergio Vallejo aplicaba un duro correctivo ao resto tras meter un forte ritmo no primeiro tramo no que se distanciaba 11 seg. do seu compañeiro de equipo Xevi Pons e do seu rival polo título, Enrique Ojeda, case vinte. O piloto de Peugeot comezou a recuperar espazo ao gañar as dúas seguintes especiais pero a súa diferenza parcial queda próxima aos quince segundos. Pons descolgouse dos postos de cabeza cedendo 44 segundos. A xornada estivo marcada pola masiva afluencia do público que as soubo soportar baixas temperaturas da serra madrileña e o vento lixeiro que soprou incrementando a sensación de frío. Os tramos presentaron un óptimo estado salvo por algunhas humedades, aínda que será mañá cando, tras o rigor da xeada nocturna, presenten a primeira hora unhas condicións máis delicadas de agarr.
Á súa chegada ao parque pechado Sergio Vallejo apuntaba: fomos desmelenados, moi rápidos. Sobre todo no primeiro tramo, delicado, con moitas humidades, o mesmo que no segundo. No terceiro tramo estaba sucio, con moita grava e pedra solta. Foi un inicio complicado, de xenuíno rallye en Madrid. De momento estamos no noso sitio pero queda moito por diante. Enrique Ojeda chegaba tranquilo ao Circuíto do Jarama o primeiro tramo non foi ben, non se porqué. Había algún ruído raro e non ía confiado. Resta moito por diante e superamos unha primeira etapa delicada. Para Xevi Pons os primeiros tramos foron ben pero no terceiro pequei de cauto o que se reflicte nos tempos. Acabamos de empezar. Gañarei confianza e sairán os tempos.
En Grupo N primeiro posto para Dani Solá, na estrea do Mitsubishi Evo X a pesar de certos problemas cos freos. Jordi Martí é segundo, liderando ademais nos Trofeos de Produción e Produción Rallye Racing. Alberto Monarri manda no Desafío Peugeot, Rubén Gracia na Copa Nissan 350 Z, Fran Cume na Challenge Renault, Marc Jiménez na Copa Suzuki e Jesús Ferreiro no Trofeo Histórico. A Cerimonia preliminar de saída contou coa presenza do Bicampeón del Mundo Carlos Sainz, Presidente de Honra da proba e gañador dela o ano pasado.
A segunda etapa de competición será mañá sábado, con dez tramos por diante que suman 119 quilómetros cronometrados. O arranque será ás 7:30 da mañá e o final ás 19:15 h. Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|