|
Porsche Nupel Team no Shalymar, "xa estamos aquí" |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Venres, 21 Novembro 2008 14:30 |
Xa se disputaron dez rallyes durante esta tempada... e chegamos ao undécimo co título de campión de España sen decidir. Non se lle podía pedir outra cousa a esta tempada... polo menos por parte do NUPEL PORSCHE TEAM.
O Equipo NUPEL, con Sergio Vallejo e Xevi Pons, copilotados por Diego Vallejo e Alex Haro, presentouse en Madrid coa intención de gozar da última proba dunha tempada case perfecta, na que os nosos Porsche GT3 estiveron sempre en posicións de podium.
Os nosos pilotos sairán a loitar contra o crono dende o primeiro quilómetro. Chegados ata aquí, hai que loitar pola vitoria no certame. Xa temos reservado un lugar nas nosas vitrinas para os títulos de GT e de Escuderías, que xa falan galego. Gustaríanos que Sergio colocase nelas o trofeo de campión de España, pero non será tarefa doada, xa que nin sequera unha vitoria no Rallye Shalymar nos garante o título. O subcampionato xa está garantido, pero haberá que intentar subir un chanzo.
Durante esta mañá celebrouse o shakedown no Jarama. Sergio e Xevi deron varias voltas ao circuíto, aproveitando para comprobar que, antes de afrontar os tres tramos desta noite, todo funciona correctamente nos vehículos.
Texto e fotos: Comunicado de Prensa Traducción: Curuxarallye
|