|
Calm Competició, o laureado preparador español que entre un dos seus logros está o de ser un grande especialista con mecánicas Mitsubishi, lanza, conxuntamente coa importadora da marca en España, un novo proxecto para circuítos baseado na mecánica do novo Lancer Evolution X RS18.
Tras vencer con distintas versións Lancer os nacionais de rallyes de terra dos tres últimos anos con pilotos tan destacados como Xevi Pons (2008), Dani Solà (2007) e Alex Villanueva (2006) e de haber completado con éxito un mini programa nas probas mediterráneas sobre asfalto do Campionato do Mundo de 2008 co actual líder do mundial de Produción, Juha Hänninen (vitoria en Córcega e 3º lugar en Catalunya), Calm Competició participa nas 24 horas de Barcelona con tres equipos, dous deles con Seat León supercopa 08, e un terceiro con Mitsubishi Lancer Evo IX. Os equipos Haulotte, compostos por Josep Bigas-Marcel Costa-Manel Cerqueda Díez (Seat León nº4) e por Ignacio Escofet-Sebastián Vives-Segundo Fernández-Angel Nieto (Seat León nº 5), inclúen ao 12 +1 veces Campeón do Mundo de Motociclismo, que efectua o seu debut en 4 rodas.
Por outra banda, Calm aliña un Mitsubishi Lancer Evo IX que servirá como base de experimentación para o proxecto co Evo X. Coas cores do equipo Christ Car Wash, o antigo piloto de rallyes, Josep Arqué, formará equipo con Francesc e Ferran Fontanelles e con Josep Segura.
Josep Calm, sobre o Lancer Evo IX das 24 horas de 2008: trátase dunha unidade Lancer moi ben preparada para as esixencias dunha competición de resistencia en circuítos. Sabemos que partimos con o handicap do noso maior peso e, tamén, que só poderemos repoñer en cada parada un máximo de 55 litros. De tódolos xeitos, estamos convencidos que un Lancer é un coche gañador nas 24 horas e ese primeiro paso serviranos para afinar no noso obxectivo. Lancer Evo X, un futuro tamén en circuítos Novo en canto a vida e, tamén, completamente novo en canto a motor, o Mitsubishi Lancer Evolution X será en mans de Calm Competició unha arma que irá moito máis alá que ser simplemente unha nova versión de rallyes da famosa saga do fabricante xaponés.
Ademais de continuar en rallyes, Calm e Ralliart Spain ten a intención de facer correr en 2009 a unidade Evo X de circuítos exposta no paddock das 24 horas de Barcelona, que cando estea lista será moi similar ás que participan en carreiras de turismos en Xapón. Josep Calm sobre o Lancer Evo X de 2009: O motor de serie é completamente novo e o resto do vehículo unha exhaustiva evolución da versión IX, pero nós aplicarémoslle unha completa posta a punto de enxeñaría específica a nivel de motor, suspensión, freos e electrónica, neste caso cunha estreita axuda dos enxeñeiros de Ralliart. A idea é presentar un coche de tracción total moi alcanzable pero plenamente competitivo para carreiras de pista de longa distancia, como as 24 horas ou o Open de Resistencia, así como para outras probas de circuíto como as que organiza o RACE ou a Federación Catalá.
Cando teñamos lista esta unidade, teremos un coche moi similar ao que corre en circuítos en Xapón, con aerodinámica máis axustada ao aspecto de serie e freos de grupo N, non de GT como os que utilizan alí, pero será igualmente moi competitiva. Non hai que esquecer que en determinado tipo de carreiras en Xapón e mesmo en Gran Bretaña os Lancer gañan e fan podios fronte a auténticos coches GT.
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|