|
Conclúe a tempada 2008 para Luis Penido e o seu equipo coa proba decisiva para os obxectivos do compostelano. Péchase o calendario do campionato galego de montaña, onde o piloto de Otero Caritón e Kaizen Motor puxo os seus obxectivos, coa inédita suba a Cabanelas, na vila ourensana de O Carballiño.
E nas terras do río Arenteiro Penido pode proclamarse campión galego de grupo A, tras unha serie de triunfos na devandita división nas subas de A Estrada, A Escusa e Cerdedo, así como unha segunda praza en Iroite. Segundo os cálculos realizados polo piloto do Lancer EVO VI unha cuarta praza deste grupo sería suficiente para logralo.
O regulamento indica que hai que sumar un total de cinco resultados, é dicir a metade máis un das oito probas que se celebran este ano. Nós temos de momento catro, tres deles como primeiro grupo A. En Cabanelas temos que saír tranquilos tan só co obxectivo de concluír para dispoñer dese quinto resultado preocupándonos igualmente de ser como mínimo cuartos. É unha situación en certa medida cómoda para nós, aínda que en automobilismo sempre hai que ser prudentes coas previsións, comentaba o piloto santiagués
Percorrido clásico de rali, inédito en montaña A subida que pecha o calendario galego de montaña 2008 desenvólvese por primeira vez, aínda que o seu percorrido non é descocido, ao ser unha das especiais máis recorridas por ralis como Lacón ou Ourense. Coñezo o trazado pois competín en diversas edicións do Lacón, ao volante de coches como o Peugeot 106 ou o 306. É unha ascensión moi longa, de algo máis de seis quilómetros, estreita, con zonas sombrías, que poden estar moi delicadas nesta época do ano. Ten diversidade de curvas, varias enlazadas e o asfalto ocasiona moitos botes. Considéroo un percorrido moi técnico, comentaba o piloto de Otero Caritón e Kauzen Motor sobre o escenario onde pode conseguir un novo mérito no seu palmarés. Obter este título sería toda unha recompensa para o noso equipo e patrocinadores, máis aínda por adaptarnos correctamente a unha modalidade diferente aos ralis e onde nos mostramos moi competitivos ao longo das subas disputadas, engadía o santiagués. Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|