1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Un novo título para os Burgo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 19 Novembro 2008 18:15
A tempada de rallyes 2008 finaliza esta fin de semana coa celebración do Rallye Shalymar, a disputar en Madrid.
Os irmáns Burgo malia non acudir a esta cita, xa lograron proclamarse campións da Copa de España de Grupo N, ao non haber xa ningún piloto que sexa capaz de sumar a cantidade de puntos acumulada polos irmáns lucenses.
 
Con este título, o equipo galego vén a redondear un ano no que ademais se adxudicaron o Campionato Galego de Rallyes, culminando unha tempada na que volveron compaxinar a súa presenza no Campionato de España e no de Galicia e mostrándose como un dos equipos máis en forma.
 

 
No Campionato Galego o dominio foi absoluto e o Mitsubishi Lancer Evo VIII venceu en todas as probas que participou e rematou. Un dominio que vén a confirmar a superioridade mostrada nos últimos anos e que non se vira reflectida no título final, ao non poder realizar o campionato ao completo.

A bordo do seu Mitsubishi EVO IX, Pedro e Marcos Burgo callaron unha excelente tempada no Campionato Nacional, estando sempre entre os primeiros clasificados e chegando mesmo a alcanzar no Rallye de Ferrol o segundo posto da clasificación xeral, o mellor resultado alcanzado este ano no Nacional. As diferenzas de prestacións entre o seu EVO IX e outros vehículos como os S2000 ou os GT's impediron loitar pola vitoria absoluta.

Isto motivou que tras varios anos ligado á marca dos diamantes, os irmáns Burgo estéanse a formular diferentes proxectos para a próxima tempada 2009. En función do presuposto que se logre reunir, o equipo optará por unha liña ou outra, aínda que polo momento non hai nada pechado.

Foron xa moitos anos nun Mitsubishi e agora formulámonos outra opcións. Está claro que para poder optar a gañar no Campionato de España é necesario dar o salto ben a un S2000 ben a un GT, xa que as limitacións que teñen os coches de Grupo N como o noso fai que sexa imposible loitar polos primeiros postos. Tamén será para nós un interesante reto cambiar de montura despois de tantos anos, pero pensamos que pode ser interesante para dar un aire novo ao equipo. Así se expresaba Pedro Burgo neste final de tempada.


O equipo tamén quere agradecer o apoio mostrado polos diferentes patrocinadores que fixeron posible a súa participación tanto no Campionato de España coma no Galego. Tanto aos principais patrocinios como os de Café Candelas ou Hankook como a outros como Rallycar, Automecánica Santos & Roca, Deputación Provincial de Lugo, Confort Auto, Soliclima, Desguaces Herbón, Modern Auto, Filterqueen, Hella, Alquigal, Koala e moitos outros colaboradores que permitiron culminar un ano brillante.
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 284 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204101