|
Despois dunha fantástica actuación no pasado Rallye Costa Brava, proba na cal Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo se mediron os principais pilotos do Europeo, toca volver á realidade do nacional de asfalto coa celebración da última cita nas estradas da Comunidade de Madrid.
Debido a un regulamento que non está demasiado claro, aínda non se pode afirmar que o equipo patrocinado pola Deputación da Coruña e Turgalicia sexa Campión do Trofeo de Históricos, aínda que segundo a regulamentación vixente que figura no Anuario da Real Federación Española de Automobilismo de 2008 si debería estar resolto a favor de Ferreiro-Lorenzo. Pero unha circular emitida o pasado ano podería facer que esta decisión tivese que agardar á resolución do Shalymar, xa que a mesma di que se deben reter cinco resultados en lugar de sete, dos cales haberá de elixirse un por comunidade, o que obrigaría os galegos a renunciar a unha das probas celebradas esta tempada en Galicia.
Sen que iso supoña tampouco unha presión extra, Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo sairán no Rallye Shalymar co principal obxectivo de lograr unha nova vitoria, o que si os deixaría xa como campións co simple feito de rematar entre os sete mellores. Ademais nesta proba rexistrarase a participación máis numerosa de todo o ano na categoría de Históricos, destacando que ao equipo de Ferreiro se unen de novo, tal e como o fixeron en Ferrol, Javier Anido e David Míguez con outro Ford Escort MKII.
O rallye que terá a súa base no circuíto do Jarama, onde se realizarán dous tramos cronometrados, á vez que alí se situarán tamén o parque pechado e a zona de asistencia, contará con trece especiais, tres das cales se disputarán durante a noite do venres, deixando o resto para o sábado.
INSCRITOS TROFEO DE HISTÓRICOS -18º RALLYE SHALYMAR - 46 Jesús Ferreiro/Roberto Lorenzo (Ford Escort MKII)
- 47 Antonio Sainz/Javier Martínez-Cattaneo (Ford Escort MKII)
- 48 Fernando Dameto/Ángela Dameto (Ford Escort RS 1800)
- 49 Germán Gómez/Ventura Jiménez (Ford Escort RS 2000)
- 50 Javier Anido/David Míguez (Ford Escort MKII)
- 51 José Antonio Zorrilla/Susana Vidal (Fiat 124 Spyder)
- 52 Pablo de Sousa/Luis Miguel Sanz (Alfa Romeo Giulia GT)
- 53 Carlos de Miguel/Javier Arias (Fiat Abarth 124 Spyder)
- 54 Francisco Casas/Miguel García (Porsche 911 SC)
- 55 Manuel González de la T./Mariano Riesgo (Porsche 911)
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|