|
"Nonito" Gómez na I Subida a Cabanelas |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Mércores, 19 Novembro 2008 17:31 |
O Campionato de Galicia de Montaña 2008 pon o seu punto e final a próxima fin de semana na localidade ourensana de Cabanelas, con motivo da celebración da I Subida a Cabanelas, cita á que o piloto local Nonito Gómez acode como un dos principais protagonistas.
O Campionato xa está decidido, pero en xogo está o subcampionato e por o loitaremos dentro do mesmo equipo, o Outeda Racing, polo que como en todas as carreiras desta tempada de novo tocará correr, e moito, para conseguilo, comenta o piloto de Hyupersa ante a proba que a próxima fin de semana converterá a Cabanelas na festa do motor galego. E nesa festa, Nonito Gómez, será principal foco de atención tras a obtención nesta tempada do Trofeo de Galicia de Montaña e con opcións aínda de lograr ese subcampionato de Montaña, por o que o equipo Outeda Racing cumpre desta forma as expectativas que a inicio de tempada se presentaran e que coa fichaxe de Nonito Gómez viu reforzada dunha forma especial a súa composición e alcanzando un dos dous títulos en xogo da montaña galega en 2008. A I Subida a Cabanelas celebrará as súas verificacións administrativas o sábado 22 de novembro dende as 15:30h nos locais da entidade organizadora, Escudería Carballiño Motor Sport, para ser as técnicas na Rúa Celso Emilio Ferreiro da capital do Arenteiro ata as 20:00h. A publicación da lista de autorizados a tomar a saída será realizada ás 09:30h, e xa na xornada dominical disputarase a competición en se, sendo ás 09:30h a saída da manga de adestramentos oficiais. Posteriormente celebraranse as dúas mangas oficiais no clásico trazado de " Cabanelas" na OU-413. Toda a información sobre os tempos e clasificacións da proba en: www.temposfga.com Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|