1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Óscar López e Iván Gómez: campións da Challenge Galega 2008 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 19 Novembro 2008 10:58
Tras confirmarse a tan temida non celebración do Rallye da Coruña, Óscar López e Iván Gómez álzanse co triunfo final na Challenge Galega 2008 co seu Peugeot 206 RC, o que sen dúbida pecha dun modo inmellorable a tempada 2008 para o equipo Promo Rallye-Sta. Apolonia.
Cun calendario composto polas probas do Campionato de España a celebrar en Galicia, López e Gómez fixeron gala dun grande equilibrio entre regularidade e rapidez,que levoulles a comezar a tempada cun prometedor cuarto posto no Rallye Rías Baixas, ao que posteriormente uniron dous segundos postos nos rallyes de Ourense e Ferrol que lles serviron para alcanzar a vitoria final a bordo do seu Peugeot 206 RC por diante Alberto Meira (Mitsubishi Lancer EVO IX) e Óscar Soto (Peugeot 206 XS), segundo e terceiro clasificado respectivamente.
 
 
 
Para Óscar López este resultado é sen dúbida o mellor premio posible a todo o traballo realizado ao longo deste 2008 por todo o noso equipo, todo saíu á perfección e soubemos xogar nosas opcións do mellor xeito posible. Estou moi contento por lograr a vitoria final, é un broche de ouro á tempada.
 
Pola súa banda, Iván Gómez está moi feliz, a principios de ano queriamos loitar polos postos de cabeza e conseguimos vencer, así que mellor imposible. Quero agradecer a todo o equipo, aos nosos patrocinadores e a todos aqueles que colaboraron connosco, sen eles non seria posible.
 
O equipo Promo Rallye estivo apoiado por Sta. Apolonia S.L., Antalsis Construción e Servizos, Kobem Gestión y Desarrollos Industriales, Fundación Deporte Galego, Hondigo Revestimientos, Desguaces Herbón, Concello da Pontenova, Hierros Alonso, Prodausa, Congelados Asturgalaicos e Merendeiro El Mazo, aos cales agradecen o apoio prestado na tempada 2008.
 
 
Pica na imaxe para ver a maior resolución
 
 
* Clasificación proporcionada polo equipo. Non oficial
Texto, imaxe: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 192 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203950