|
RMC Motorsport e Dani Solà, cun Mitsubishi Lancer Evo X no Shalymar |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Mércores, 19 Novembro 2008 10:48 |
|
A última proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2008 significará para RMC Motorsport empezar xa a preparar a tempada 2009. O equipo de Roberto Méndez fará debutar no rallye madrileño a súa primeira unidade do novo Mitsubishi EVO X, o último modelo da plurivictoriosa saga dos EVO da marca xaponesa, que será o cabalo de batalla de RMC nos seus programas deportivos da próxima campaña.
O esforzo que RMC veu facendo nas últimas datas para ter listo o EVO X de cara ao Shalymar está a ser realmente importante, e malia que o coche chegará a Madrid practicamente tras acabar de ser ultimada a súa preparación e sen apenas tempo para probalo, as expectativas do equipo son optimistas, esperando que o Shalymar permita sacar xa as primeiras conclusións en relación ao potencial do novo vehículo. Para iso, RMC contará coa experiencia ao volante de Dani Solá, quen serei o encargado de estrear o EVO X en España. O rápido piloto catalán, que competiu con bos resultados para RMC no nacional de terra esta tempada, estará copilotado por Oscar Sánchez e o obxectivo de ambos os dous será traballar xutno co equipo técnico de Roberto Méndez para empezar o labor de posta a punto do novo Mitsubishi na súa versión 'tope grupo N' de cara á súa utilización por parte da formación leonesa nos rallyes do nacional de asfalto 2009.
O EVO X, en versión 'produción', será ademais o coche que RMC utilizará no 2009 na que será segunda edición do 'Produción Rallye Racing', e para anuncialo oficialmente a unidade ''tope grupo N'' de Solá-Sánchez lucirá en Madrid as cores previstas para a copa do próximo ano. O certame monomarca ideado por Roberto Méndez, que esta tempada se disputou cos EVO IX, vivirá no Shalymar a súa décima cita do ano. Ao rallye madrileño chega como líder do PRR Jordi Martí e con moitas posibilidades de deixar xa decidido o campionato sen necesidade de ter que disputar a proba final, en Tárrega. Unha terceira praza abondaría a Martí para poñerse fóra do alcance dos dous únicos pilotos que poderían superalo na xeral, gañando os dous rallyes que quedan, Carlos Márquez e Alvaro Muñiz, polo que o Shalymar se presenta como practicamente decisivo no desenlace desta primeira e exitosa edición da copa organizada por RMC. Texto e imaxe: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|