1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Gran novidade: "G-Clàssic", chega a Regularidade sobre Xeo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 19 Novembro 2008 10:34

O 20-21 de decembro, primeira e pioneira grande proba desta modalidade en Andorra

Fiel ao seu recoñecido papel de pioneiro en todo o relacionado coas competicións sobre xeo en circuíto, o ACA (Automòbil Club d'Andorra) lanza unha nova idea que vén chamada a ter un bo número de seguidores: a G.Clàssic, Regularidade sobre Xeo.

Trátase dun tipo de competición reservada a vehículos clásicos de turismo, gran turismo, sport ou prototipos de máis de 20 anos de antigüidade.

As G.Clàssic non só achegan a novidade do que son por elas mesmas, senón que engaden o feito de que a media de regularidade a seguir por cada participante estipularao cada propio piloto. Ademais, as prestacións dos coches quedarán equiparadas por unha lista de penalizacións que fará das G.Clàssic unha competición deportiva de regularidade sobre xeo realmente singular e equitativa no seu desenvolvemento.

 

 

6 mangas, 3 en cada sentido
Todos os participantes realizarán, dun nun, 6 mangas ao trazado do Grandvalira-Circuit que constarán de 1 Volta de Referencia e 4 Voltas de Regularidade. Destas 6 mangas, 3 realizaranse nun sentido e as outras 3 no sentido inverso. Para a clasificación final sumaranse os puntos sumados nas 2 mellores mangas disputadas en cada sentido.

Outra novidade: O participante elixe a media a seguir

Ata agora, a media a seguir nunha proba de regularidade marcábaa sempre o organizador, na G.Clàssic esta importante particularidade estipularaa sempre cada participante na denominada Volta de Referencia.

¿Que é a Volta de Referencia?
A Volta de Referencia é a base da clasificación de cada equipo, que como en toda proba de regularidade fórmano piloto e copiloto. Cada equipo sairá en solitario ao circuíto e durante a súa primeira volta rexistrará un tempo que será o que marcará a base da media (Volta de Referencia), que logo deberá cumprir inmediatamente durante os 4 xiros de regularidade a efectuar co tempo o máis axustado posible á citada Volta de Referencia.

O tempo da devandita volta pasarase a puntos para a clasificación final a raíz de 2 puntos por segundo. As voltas de regularidade penalizaranse con 1 punto por segundo de diferenza en máis ou en menos sobre a Volta de Referencia.

Pneumáticos: Cravos ou contacto
Todos os vehículos deberán equipar pneumáticos conformes ao código de circulación, sexan de contacto marcados con "DOT" ou "E" no lateral, ou de cravos de punta cilíndrica metálica que sobresaian como máximo 1,5 mm e cun máximo de 150 cravos por cuberta, aínda que neste caso o coche que os equipe recibirá unha penalización de 30 puntos por manga. Os cravos piramidais están prohibidos.

Penalizacións: Un baremo doado de entender
Para establecer a clasificación final teranse en conta os puntos marcados na citada Volta de Referencia (2 puntos por segundo en cada manga) máis os puntos de penalización nos que se incorra durante cada unha das 4 Voltas de Regularidade (1 punto por cada segundo, en máis ou en menos), aos que se sumarán outras penalizacións por utilizar pneumáticos de cravos ou tracción integral. A clasificación final da G.Clàssic será por orde de puntuación, de menor a maior.

Grandvalira-Circuit, un marco idóneo
Coa súa pista e accesos asfaltados na súa totalidade, o Grandvalira-Circuit, situado a 2.400 metros de altura sobre o nivel do mar e a 3 km de Pas de la Casa, é o lugar idóneo para o desenvolvemento desta novidosa especialidade. Debido á súa altitude e situación xeográfica, o Grandvalira-Circuit asegura unha excelente pista de xeo durante toda a tempada invernal.

O trazado, de 1.000 metros de lonxitude e 10 de anchura, é un referente en Europa que acolle cada ano un das probas puntuables para o Trofeo Andros e a totalidade das G.Series, Velocidade sobre Xeo.

Programa horario
Sábado, 20 de decembro de 2008

  • 15 horas, apertura do paddock
  • 16 horas, verificacións administrativas e técnicas
  • 17 a 20 horas, mangas de adestramentos libres

Domingo, 21 de decembro de 2008

  • 8 horas, apertura do paddock
  • 8,30 horas, briefing
  • 9, 10, 11, 12, 13 e 14 horas, seis mangas de regularidade
  • 15 horas, entrega de premios

Información deportiva e inscricións (ata o 8 de decembro de 2008): ACA (+376) 803.400 - www.aca.ad 

 

Texto e foto: Comunicado de Prensa

Tradución: Curuxarallye

 

 

 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 189 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204055