Por iso, no
Shalymar, a
formulación de Cima e o seu habitual copiloto
Pablo González é o de facer un
rallye sen a presión de pensar nos puntos e máis centrado sacar o máximo partido posible ao
Clio R3 en busca de pechar a súa campaña no nacional con outro bo resultado.
O equipo de Cima encara o
Shalymar con optimismo e coa tranquilidade de coñecer que o temperán abandono no Costa Brava foi debido á rotura da porcelana nunha buxía defectuosa, o que produciu unha avaría na bobina de arranque do cilindro afectado. Un fallo realmente banal e provocado por unha peza totalmente allea a
Renault Sport, o que, polo tanto, non embaza en absoluto o excelente rendemento e a fiabilidade a toda proba que está a mostrar o
Clio R3 na súa primeira tempada nos
rallyes nacionais. Un coche co que
Fran está cada vez máis a gusto e que lle permitiu levar a cabo un ano de notable aprendizaxe, contando sempre coa importante referencia na
Clio Cup do
rapidísimo Joan Vinyes, tras o que figura Cima na xeral do
monomarca que
Renault inaugurou este ano para os R3 e que no
Shalymar completará tamén o seu calendario