1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

O Producción Rallye Racing pódese decidir en Madrid PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Martes, 18 Novembro 2008 18:35

O Rallye Shalymar, que se disputa esta fin de semana en Madrid, pode decidir o nome do gañador na primeira edición do Producción Rallye Racing, o certame monomarca que vén organizado RMC dende principios de tempada, coa colaboración da RFEdeA e o RACC, e que tivo un desenvolvemento realmente exitoso tanto a nivel deportivo como de imaxe.

O Shalymar será a proba número trece no calendario de catorce rallyes, sete de asfalto e sete de terra, sobre os que se articula esta tempada inaugural do PRR, e a el chega o piloto catalán Jordi Marti cunha importante vantaxe grazas ás sete vitorias que acumulou dende o inicio da campaña. Martí vén de gañar de forma consecutiva os rallyes de Sierra Morena, Cabanas e Costa Brava e, tendo en conta que cada piloto ha de descartar o seu peor resultado en terra e en asfalto, conta coa suficiente vantaxe como para abondarlle unha terceira posición no Shalymar para poñerse fose do alcance dos seus dous inmediatos seguidores na clasificación provisional, o asturiano Carlos Márquez e o galego Alvaro Muñiz, aínda cando estes alcanzasen a vitoria. De darse o devandito resultado, Martí xa sería matematicamente campión e faría innecesaria no que respecta á loita polo título a disputa do último rallye do ano, o de terra de Tárrega, en Lleida.

 

 


No rallye madrileño, que presenta un esquema diferente do habitual na maioría de probas do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, coa disputa durante a tarde do venres da primeira sección, con tres tramos cronometrados, aos que seguiran outros dez na xornada do sábado, os Mitsubishi EVO IX do PRR, preparados segundo as especificacións da categoría de 'produción' (grupos N máis básicos) terán unha nova ocasión de demostrar a súa competitividade e fiabilidade. Os coches que RMC puxo a disposición dos novos pilotos participantes nesta primeira edición do seu certame monomarca obtiveron excelentes resultados sobre todos os terreos ao longo de todo o ano, permitindo a dous dos seus pilotos, Alvaro Muñiz e Carlos Márquez, proclamarse respectivamente campións do Trofeo de España de Vehículos de Produción nos Campionatos de España de Tierra e Asfalto.

Clasificación provisional do "Produción Rallye Racing"

 

  • 1 Jordi Marti 58 puntos (puntos a descontar: 0 en terra, 0 en asfalto)
  • 2 Carlos Márquez 54 puntos (puntos a descontar: 3 en terra, 4 en asfalto)
  • 3 Alvaro Muñiz 53 puntos (puntos a descontar: 3 en terra, 3 en asfalto)
  • 4 Diego Cabanela 34 puntos
  • 5 Juan Carlos Aguado 28 puntos
  • 6 José María Santana 11 puntos


Sistema de puntuación: 1º-7 puntos, 2º-5 puntos, 3º-4 puntos, 4º-3 puntos, 5º-2 puntos, 6º-1 punto



Texto e foto: Comunicado de Prensa

Tradución: Curuxarallye

 

 

 

 

 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 288 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204205