1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Presentada a 25 edición Auto Retro Barcelona 2008 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Martes, 18 Novembro 2008 14:30
Hoxe, 18 de novembro, na antiga fábrica Moritz, tivo lugar a presentación da 25 edición do salón Auto Retro Barcelona 2008 que se celebrará do 4 ao 8 de decembro ao Pazo 2 e Praza Universo do recinto de Montjuïc de Fira de Barcelona. Este ano, entre os protagonistas do salón estará a celebración dos 60 anos do Porsche 365, así como os 60 do Citroën 2CV e o centenario do Ford Modelo T
 
Auto Retro Barcelona chega en 2008 á súa 25ª edición, cinco lustros nos que o mundo do automóbil e da motocicleta de colección, ao igual que o propio certame barcelonés, evolucionaron moito. En 1984 aínda non existía en noso país a enorme afección que hai hoxe en día polos clásicos de todo tipo. Auto Retro significou na súa primeira edición, celebrada nunha metade do Pazo 7 do recinto de Montjuïc de Fira de Barcelona, un incipiente inicio onde o antigo empezaba a reclamar a súa parte de protagonismo na vida cidadá.
 
Hoxe en día, plenamente consolidado e formando parte por méritos propios do calendario de grandes salóns de Fira de Barcelona, Auto Retro Barcelona 2008 conta cun espazo de exposición de preto de 31.000 m2, ocupando a totalidade do Pazo 2 e da Praza Universo do recinto de Montjuïc, onde se exhibirán os produtos de máis de 300 expositores provenientes de 15 países.

A diversificación significa que, aínda que o automóbil segue sendo o grande protagonista, tamén cobraron unha gran forza e importancia as motocicletas, as embarcacións e os avións, e é a mellor arma para que o sector afronte con optimismo a crise na que a vai envolvida a economía en xeral e o mundo da automoción en particular.
 
Diversificación, pero ante todo, calidade. Unha peza de coleccionista é unha inversión que co paso dos anos non perde valor e este é un aspecto que Auto Retro Barcelona e o seu creador e director, Fermín Sulé, defenden como o grande valor engadido que achega a mostra para todos os seus expositores e visitantes. Con esta premisa, a 25ª edición do primeiro salón español dedicado en exclusiva á automoción, a náutica e a aviación de colección arranca ao grande, cun grande número de puntos de interese a ter en conta que confírenlle un grande atractivo. 
 
 
Texto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 254 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204155