|
O equipo que encabeza Senra a bordo dun Peugeot 206, tomará a saída na última carreira do Campionato de España de Rallyes, o Shalymar, e que se disputa esta próxima fin de semana en Madrid, con intención de lograr o título do Trofeo Desafío Peugeot, onde actualmente ocupa o segundo posto e con serias opcións.
Sabemos que non somos os favoritos, pero esta circunstancia pode beneficiarnos en certa medida. Monarri, o noso principal rival, corre na casa e está case obrigado a gañar ante os seus e iso pode supoñerlle unha presión engadida, chegando a cometer algún erro. Nós imos coa conciencia tranquila, posto que a tempada creemos que foi moi boa e trataremos de dalo todo para loitar ata o último momento polo título do Desafío. Se o logramos será sensacional e se non, viremos contentos pelexar de ti a ti con grandísimos pilotos. A proba dispútase esta próxima fin de semana, nunha configuración un tanto diferente ao resto de probas, posto que se correrá o venres e o sábado. Na primeira xornada, tres serán as especiais que se disputen en horario nocturno, mentres que o sábado serán 6, unha delas no interior do circuíto do Jarama, superando os 850 km.
Outro engadido para a proba é a decisión do título do Campionato de España de Rallyes, entre o cántabro Quique Ojeda e o galego Sergio Vallejo, para o que ambos os dous parten con practicamente igualdade de condicións, polo que a cita cobrou un grande interese tanto para afeccionados coma para a prensa.
Tramos Venres 21
- A) Puerto de Canencia (11,39 km) - 20:52
- B) La Hiruela (17,68 km) - 21:45
- C) La Puebla-Robledillo (17,44 km) - 22:39
Sábado 22- D) Puerto de Morcuera (14,45 km) - 8:29 e 12:11
- E) Puerto de Navafría (14,84 km) - 9:05 e 12:47
- F) La Cabrera-Torrelaguna(5,05 km) - 10:23 e 14:05
- G) Circuíto Jarama (10,92 km) - 15:45 e 18:55
- H) Puerto de Canencia (11,39 km) - 16:44
- I) La Puebla-Robledillo (17,44 km) - 17:52
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|