1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Diego Cabanela quere brillar no Rallye Shalymar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 17 Novembro 2008 22:01
A próxima fin de semana concluirá o Campionato de España de Rallyes de asfalto, coa disputa do Rallye Shalymar en Madrid.
Ausente no Rallye Costa Brava ao padecer unha gastroenteirite nos días previos, o coruñés reaparecerá no Rallye Shalymar con ánimo de facer un bo papel.
 
Esta será ademais a penúltima cita do trofeo Produción Rallye Racing, un certame coñecido por disputarse sobre terra e asfalto sobre vehículos Mitsubishi, e que despois desta carreira visitará a localidade ilerdense de Tárrega para pechar o que foi un apertado calendario con 14 carreiras. Este campionato é onde compite Diego Cabanela, piloto coruñés que de feito non puido ser da partida na última carreira disputada, o Rallye Costa Brava, debido a unha gastroenteirite.
 
 
 
Cabanela quere agora pasar páxina ante ese desgraciado episodio e mostrar a súa mellor cara no Rallye Shalymar. Diego, que xa sabe o que é vencer en probas do trofeo P.R.R., parte co obxectivo de ser o máis rápido e engadir unha nova marca ao seu revólver.  A estas alturas de tempada - comenta- as miñas opcións ao título esvaecéronse, pero vou seguir loitando polas vitorias parciais. O obxectivo deste ano era evolucionar e aprender, e quero seguir facéndoo.

A proba madrileña celébrase nun esquema diferente ao habitual, con algúns tramos disputándose xa na tarde-noite do venres, e outros na mañá e tarde do sábado. O epicentro da carreira será o Circuíto do Jarama, onde estará situado o parque de asistencia, e mesmo se realizará un tramo cronometrado empregando o trazado do circuíto.


Así vai o Campionato:
Martí 58 ptos
Márquez 54 ptos
Muñiz 53 ptos
Cabanela 34 ptos
5º Aguado 28 ptos
Santana 11 ptos

56º Rallye Shalymar
  • Organizador: Club Shalymar Competición
  • Días: 21 e 22 de novembro
  • Quilómetros totais: 851.55 kms
  • Quilómetros cronometrados: 166.16 kms
  • Número de tramos: 13
  • Día do Rallye: 21 e 22 de novembro
  • www.shalymar.es

Tramos venres 21-Hora paso 1º:
  • A) Puerto de Canencia (11,39 km) - 20:52
  • B) La Hiruela (17,68 km) - 21:45
  • C) La Puebla-Robledillo (17,44 km) - 22:39
Tramos sábado 22-Hora paso 1º:
  • D) Puerto de Morcuera (14,45 km)- 8:29 e 12:11
  • E) Puerto de Navafría (14,84 km) - 9:05 e 12:47
  • F) La Cabrera-Torrelaguna(5,05 km)-10:23 e 14:05
  • G) Circuíto Jarama (10,92 km) - 15:45 e 18:55
  • H) Puerto de Canencia (11,39 km) - 16:44
  • I) La Puebla-Robledillo (17,44 km) - 17:52
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 164 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203995