|
Fin de Semana intensa para DCR Competición |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Luns, 17 Novembro 2008 21:57 |
|
Despois dunha semana moi activa na que se asinou un convenio de colaboración con Audax, empresa de subministracións de automoción, e Caixanova para o patrocinio de Paula Costas na súa andaina polo karting, o equipo DCR Competición dirixiuse o sábado ao circuíto de Viana do Castelo.
No Kartodromo de Viana tivo lugar a selección dos participantes galegos de "¿Onde está o Ás?", unha interesante iniciativa o premio da cal é participar como piloto oficial na Tempada 2009 no Campionato Portugués. A proba consistiu nunha parte teórica e unha práctica, con exames e voltas contra o cronómetro. A progresión de Paula Costas foi tan impresionante que conseguiu a primeira praza de forma brillante, pois dobrou no circuíto a todos os participantes. Agora Paula terá que volver competir contra o resto de seleccionados doutras partes de Portugal para intentar conseguir tan ansiado premio.
De tódolos xeitos, a sorte foi desigual para o resto de membros do equipo, pois aínda que Diego Fontán tamén se clasificou para a final, Iago Araujo non o conseguiu por tan só medio punto na parte teorica e Adrián Vázquez que tampouco o logrou, pois correu en moi malas condicións debido a un proceso febril. O domingo pola mañá, Paula Costas e parte do equipo DCR Competición dirixíronse ao circuíto de Sanxenxo París - Dakart para recoller o seu premio como terceira clasificada no I Open de Karting, praza de gran merito pois Paula non puido participar en todas a probas. Texto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|