1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Javier Paz xogará na casa na próxima Subida a Cabanelas-Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 17 Novembro 2008 13:14
Na que é a primeira edición desta proba, o piloto de Carballiño participará a bordo dun Mitsubishi Lancer de grupo N do preparador de Vimianzo A.R. Vidal
Da man da escudería Carballiño Motor Sport, o próximo 22 e 23 de novembro disputarase na devandita localidade ourensana a que será a última proba de montaña do calendario autonómico galego para a tempada 2008.
 

 
A carreira é puntuable para o Campionato Galego de Montaña (onde o título xa está decidido, con Benito Varela desbancando este ano a Toño Gómez), e comezará o domingo 23 ás 9:30 cunha manga de adestramentos, realizándose a continuación dúas ascensións oficiais, das que se reterá o mellor crono obtido por cada piloto, servindo ésto para dirimir a clasificación.

A I Subida Cabanelas- Carballiño conta co percorrido máis extenso (6,400 kms) de todas cantas probas deste tipo se celebran en Galicia, nun esixente trazado que transcorre pola estrada OU-0413, con saída no km 1,500 e meta no 7,900. Aínda que como todos os pilotos terán realizar os pertinentes recoñecementos, para Javier Paz este trazado non é en absoluto novo, pois no seu momento formou parte doutras citas automobilísticas como por exemplo o Rallye do Lacón.

Paz sairá a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX do preparador A.R. Vidal, co que quedou moi satisfeito tras o pasado Rallye Ourense Baixa Limia, en que Paz alcanzou a terceira posición final.

As verificacións terán lugar na tarde do sábado 22 na c/ Celso Emilio Ferreiro de Carballiño, co parque pechado (onde formarán todos os vehículos) xunto ao Concello.
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 178 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204008