|
Triunfo de Vinyes-Mercader en Mollerussa. |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Luns, 17 Novembro 2008 13:08 |
|
Joan Vinyes-Jordi Mercader, nesta ocasión pilotando o Subaru Impreza STi 07, conseguiron un claro triunfo no 8 Rallye de terra de Mollerusa-Fondarella, penúltima carreira do Campionato de Cataluña da especialidade. O piloto andorrano, que marcou o mellor rexistro en todas as especiais disputadas, non deu ningunha opción aos seus rivais, Jordi Zurita a 46" e Miquel Pou a máis de 1' completaron o podio do rallye organizado pola Escuderia Mollerussa.
O percorrido do Rallye Mollerussa 2008 tivo como centro neurálxico o Circuíto Municipal Parc da Serra da localidade que dá nome á proba. Os participantes tiveron que superar un trazado de algo máis de 36 kms., con dúas especiais, de 5,93 kms., que disputaron tres veces cada unha.
Todo saíu perfecto, aínda que non foi doado. A primeira hora da mañá as zonas de herba estaban húmidas e patinaban moito. O Subaru corre moito ao inicio notamos o cambio sobre todo nas aceleracións, en fin un rallye que nos permite manter o ritmo de competición neste final de tempada. Un final que Vinyes decidiu complicar un pouco participando nun rallye do Campionato de Francia de asfalto, a parte da axenda que tiñamos prevista, decidimos participar no Rallye du Var unha proba na que se dan cita os mellores equipos do campionato do pais veciño e no que atoparemos pilotos que coñecen moi ben o percorrido e que disputaron moitas carreiras cun Renault Clio R3. En fin veremos o que pasa, estou moi ilusionado sobre todo para saber a que nivel estamos co Clio respecto a rivais de moita entidade.
Así pois, despois de participar en ls 24 horas do Circuit de Cataluña a próxima fin de semana (días 22 e 23), Joan Vinyes desprazarase ata Sainte Maxime para disputar o 54 Rallye du Var (28 ao 30) proba que pecha o Campionato de Francia de Rallyes de asfalto.
Clasificación do 8 Rallye de terra Mollerussa-Fonderella.
- 1. - Vinyes-Mercader (Subaru Impresa STI) 27'07"
- 2. - Zurita-Amigo (Subaru Impreza) a 0'46"
- 3. - Pou-Muñoz (Mitaubishi Lancer Evo IX) a 1'19"
- 4. - Marcos-Marcos (Mitsubishi Lancer Evo V) a 2'53"
- 5. - Folch-Argemi (Mitsubishi Lancer Evo V) a 2'55".
Texto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|