1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Novo podio europeo para ASM Motorsport no Rallye Costa Brava PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Venres, 14 Novembro 2008 10:55
O equipo ASM Motorsport superou con éxito a súa participación na 56 edición do Rallye Costa Brava, penúltima cita do Campionato de Europa FIA de Rallyes Históricos. A terceira posición de Ferran Font e Miquel Amblàs, na Clase D4, foi a recompensa nunha proba, onde ASM estreaba tres dos cinco vehículos cos que participaba.
 
A constante evolución de ASM Motorsport durante a presente tempada, levaba ao equipo dirixido por Miquel Amblàs e Alex Sabater, a inscribir un total de cinco vehículos de cara ao Rallye Costa Brava. Destacando de novo a presenza de Björn Waldegård, Campión do Mundo de Rallyes do 79, así como a do piloto andorrano Ferran Font, habitual en probas do Campionato do Mundo de Rallyes -Grupo N-, e os pilotos locais Marc Sabater, Alex Sasplugas e Miguel Ángel Roselló. A proba catalá con centro neurálxico na localidade de Lloret de Mar, puntuaba para o Campionato de España de Rallyes, o Campionato de Cataluña e para o Campionato de Europa FIA de Rallyes Históricos, superándose os 150 equipos inscritos.
 

 
Björn Waldegård (02) demostrou unha vez máis a súa profesionalidade, cando percibía un estraño ruído do motor e para evitar males maiores, decidía deterse. Tras revisar a mecánica e comprobar que todo estaba en orde, o piloto sueco apuntábase á fórmula super rallye, podendo gozar das especiais disputadas durante a etapa do sábado. Waldegård, enfundouse o mono de traballo entrando practicamente sempre no top-ten a cada tramo, levando finalmente o Escort MKI Gr.4 de ASM Motorsport, á décima posición final, no apartado reservado a vehículos históricos.

Ferran Font (09) que nesta proba estreaba a evolución a Grupo 4 no seu Escort, iniciaba a proba con certa cautela buscando a adaptación do conxunto mecánico. Pouco a pouco o piloto andorrano incrementaba o ritmo de carreira, ata afianzarse na quinta posición do certame europeo, noveno da xeral entre os vehículos históricos e terceiro na clase D4. Font comentábanos ao final do rallye... Como esperabamos o Costa Brava volveuse presentar como un rallye moi duro para a mecánica, polo que finalizar xa é todo un premio, malia que soe un pouco a tópico. A partir de agora centraremos toda a nosa atención na próxima edición do Rallye Dakar, que se disputará a principios de xaneiro en Sudamérica.

Pola súa parte Marc Sabater (33) recoñecía gozar moito recordando outros tempos, ao volver disputar uns tramos polos que xa competira hai trinta anos, ao volante dun R-8 Gordini, entre outros vehículos. Estreando nesta ocasión un Escort RS 2000 GR.2.
 
REGULARIDADE
Outro dos pilotos de ASM Motorsport que tamén estreaba vehículo e que ademais se houbese un premio á espectacularidade, seguramente estivese no podio, foi Alex Sasplugas (316). A unidade que pilotaba, un Escort MKII GR.1, é totalmente orixinal e no seu día foi do preparador alemán "KWS".  Nunha das súas "cruzadas" Sasplugas tocaba lixeiramente unha valla e decidía abandonar cando tan só quedaba por disputar o último bucle do rallye.
 

 
Inscrito en regularidade, Miguel Ángel Roselló obtiña a duodécima praza final, nun rallye moi regular.
 
Clasificación Final Rallye Costa Brava 2008-Camp.de Europa FIA
 
  • 01.- Enrico Brazzoli-Carlo Canova (Porsche 911 SC), 1h. 53’10”0
  • 02.- Valter Christian Jensen-Erik Pedersen (Porsche Carrera RS), a 58”4
  • 03.- Graciano Muccioli-Adriano Celli (Opel Ascona 400), a 2’24”9
  • 04.-Marco Bianchini-Enmanuele Baldaccini (Lancia Stratos), a 4’50”2
  • 05.-Ferran Font-Miquel Amblàs (Ford Escort MKII), a 5’58”1
  • ---
  • 22.-Marc Sabater-Marc Muntaner (Ford Escort MKI), a 23’14”7
Clasificación Final Rallye Costa Brava 2008–Camp.de España de Regularidade
  • 01.- Ildefonso García-Miguel Ángel García (Ford Escort MKII),
  • 02.- Manel Arroyo-Carles Miró (Porsche 911 SC),
  • 03.- Castor Ortega-Mª.del Carmen Díaz (Alfa Romeo Giulia),
  • ---
  • 12.- Miguel Ángel Roselló-Imma Colomé (Ford Escort MKI)
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 235 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 203958