Para definir a "
Pole Position" utilizarase un mesmo
kart para todos os equipos, que designarán un membro que realizará dúas voltas ao circuíto, unha lanzada e outra de
crono. O equipo que logre o mellor tempo sairá na "
pole" e elixirá o
kart no que participará na primeira hora de carreira e así o resto dos equipos segundo a
crono. A saída será tipa "
Le Mans".
Cada hora de carreira, o Director de Carreira indicará unha volta e todos os equipos deberán deterse no "
pit lane" para encher combustible. Reiniciarase a carreira cambiando de
kart, sendo o equipo que vai de último o que escolle o
kart que quere levar. Cada equipo retomará a carreira segundo a posición e as diferenzas co primeiro clasificado logradas durante os parciais anteriores.
Cada 20 minutos é obrigatorio facer unha para en
boxes como mínimo para cambiar de piloto, podendo cada equipo facelo as veces que o estime, pero mínimo unha vez cada 20 minutos. O Director de Carreira acenderá o semáforo verde aos 15 minutos indicando que restan 5 para cumprirse os 20 minutos correspondentes á quenda.
En caso de avaría dun
kart, no
pit lane haberá dispostos
karts de reserva para que o equipo poida continuar a carreira. Os participantes deberán cumprir as normas de competición no referente ás bandeiras, actitude na pista e comportamento xeral podendo a
Dirección de Carreira sancionar con "
Stop and Go" ao piloto ou equipo que non respecte as normas.
O equipo gañador será aquel que logre o maior número de voltas ao rematar a carreira.
Máis información:
- www.hobby-kart.com
-
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
- 981 88 14 12