1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Histórica fin de semana para RCA Racing PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 12 Novembro 2008 22:41
  • Dobrete final, con Ferrari 430, no Campionato de España de GT
  • Primeira e exitosa participación da evolución do Nissan 350Z

Tras rematar segundo a última cita do certame realizada en Portimao (Algarve-Portugal), Peter Sundberg proclamábase a pasada fin de semana campión de España de GT (categoría absoluta e GTA), sendo gañador en solitario ao non competir durante a tempada co mesmo compañeiro. A guinda poñíaa o segundo lugar final conseguido polo tándem Luis Pérez Sala-Manel Cerqueda (terceiros na carreira, que gañou Richard Lietz), que á súa vez conseguían impoñerse no Trofeo Ibérico. Ambos os dous equipos participaban no nacional de GT ao volante de senllos Ferrari 430 GT2, preparados por RCA Racing, organización que conseguía así o dobrete e revalidaba o título nacional en Gran Turismo.

 


 

De feito, Sundberg empezaba a súa participación no Campionato de España de GT con Domingo Romero, realizando con este as tres primeiras reunións celebradas nos circuítos do Jarama, Jerez e Albacete. A partir da cuarta, disputada en Cheste, o seu compañeiro pasaba a ser Sergio Hernández, co que tamén competía de novo en Jerez e no Algarve, onde se poñía punto final a un certame que resultou ser moi duro para este piloto sueco con residencia española.

A pesar de non o ter nada doado nesta última cita de resistencia, Peter Sundberg deu mostras nas seis reunións da súa gran calidade, levando ao Ferrari 430 GT2 preparado por RCA Racing a revalidar o título, que precisamente se xogaba con Luis Pérez-Sala e Manel Cerqueda, que co segundo Ferrari preparado pola organización mantiveron as súas opcións ata o último momento. Non obstante, contar cun handicap inferior permitiulle a Peter Sundberg-Sergio Hernández, conseguir o campionato grazas a un segundo posto na última reunión celebrada no Autódromo Internacional do Algarve, a pesar de que chegaba a esta carreira cunha desvantaxe de 2 puntos sobre Pérez-Sala-Cerqueda, quen non obstante e grazas á súa cuarta posición lograban o subcampionato absoluto, culminando así o éxito de RCA Racing que demostrou ser o preparador máis competitivo e á vez máis efectivo do Campionato de España de GT, unha estrutura número un coa mecánica Ferrari en GT2.

A iso hai que engadir a vitoria no Trofeo Ibérico do español e ex piloto de Fórmula 1, Luis Pérez-Sala, que xunto ao seu compañeiro andorrano Manel Cerqueda se proclamaron campións deste certame que inclúe probas tanto en territorio español como portugués, demostrando con iso que xunto ao xa salientado Ferrari 430 GT2 forman unha das parellas máis estables dos circuítos ibéricos, combinando perfectamente a sabedoría do experimentado Pérez-Sala co bo facer de Cerqueda.

Cabe recordar que, nesta modalidade, é habitual a combinación dun piloto profesional, como é o caso do primeiro, con outro amateur, o que supón partir cun handicap máis favorable que foi unha das bases da vitoria.

No que respecta ao balance final, sinalar que o sueco Peter Sundberg fixo gala dunha grande regularidade, tanto con Domingo Romero coma con Sergio Hernández, sendo en cinco ocasións das doce carreiras o piloto que conseguiu a maior puntuación. Se ben fallaba nalgunha delas, como a primeira no Jarama, o seu bo facer e experiencia permitíronlle renovar un título que o converte nunha das referencias nos circuítos ao volante dos esixentes vehículos GT.

Pola súa parte, Luis Pérez-Sala e Manuel Cerqueda tamén fixeron gala dunha magnífica regularidade nas catro reunións do Trofeo Ibérico, impoñéndose finalmente por unha ampla marxe.

 

En rallyes, RCA tamén obtén excelentes resultados

Despois de realizar nas dúas últimas tempadas de coche 0 nos rallyes do Campionato de España e de poñer en marcha este ano a Nissan 350Z Challenge, a marca xaponesa decidía entrar de cheo na órbita do certame nacional cunha unidade evolucionada en relación ás que participan na copa monomarca, sendo o cambio máis notable a incorporación dunha caixa de cambios secuencial ou o control de tracción.

O piloto que durante estes dous últimos anos levou o Nissan como coche 0, Marc Blázquez, que tamén foi oficial da marca nas últimas tempadas que competía en raids, foi o encargado de realizar o desenvolvemento e a posta a punto xunto a RCA Racing, quen tamén se responsabilizou de construír os vehículos da Challenge.

 


 

A pasada fin de semana, o equipo Nissan España realizou a penúltima cita do nacional de rallyes (Rallye Costa Brava-Lloret de Mar) aliñando unha evolución potenciada do 350Z de cara á súa posible participación en 2009. Tanto Marc Blázquez como Kini Muntada, que nesta ocasión acompañaba ao piloto xerundense de Llambilles, mostrábanse sorprendidos do bo resultado mostrado polo 350Z durante o shakedown celebrado na mañá do venres, tras o cal sacaron as primeiras conclusións en condicións de carreira.

Con esta perspectiva favorable, Marc Blázquez-Kini Muntada iniciaban o Costa Brava con moita ambición nunha categoría GT revalorizada nesta proba, xa que a presenza de máis vehículos dos habituais provocaba que a avaliación do coche tivese un valor aínda maior. Blázquez comezaba o rallye con cautela, adaptándose pouco a pouco á nova unidade, xa que as humedades das dúas primeiras especiais non aconsellaban asumir riscos innecesarios.

O infortunio chegaba no terceiro, xa que o primeiro paso por St. Hilari-Espinelves, o máis longo da proba, saldábase cunha picada nos quilómetros iniciais. Blázquez e Muntada detíñanse a cambiar a roda, cedendo máis de catro minutos que lles deixaban xa sen opcións de conservar a quinta praza que ostentaban nese momento e que supuxese un magnífico colofón. A partir de aí, xa co único obxectivo de ir recuperando posicións pouco a pouco, Blázquez foi probando distintas solucións, finalizando na novena praza da clasificación xeral e cuarto da categoría GT. Dos tres Nissan inscritos no rallye, todos remataron a proba. 

 

 

Texto e fotos: Comunicado de Prensa

Tradución: Curuxarallye

 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 207 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204020