1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

O Rallye Shalymar decidirá o Campión de España de Rallyes de Asfalto PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 12 Novembro 2008 10:39
A principal novidade desta tempada no Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2008, o Rallye Shalymar, é que celebrará a súa maioría de idade cunha proba que supera as expectativas depositadas nela.
 
 
A Comunidade Autónoma de Madrid recupera a condición de festa final, co atractivo das grandes épocas, como punto de encontro decisivo do último asalto no que está en xogo o éxito decisivo do ano, condición que lle outorga ao Shalymar un valor engadido. A cita terá a base de carreira no emblemático Circuíto do Jarama. As súas instalacións servirán como parque de asistencia, zona de saída e chegada, sen faltar as clásicas pasadas polo trazado como tramo cronometrado, incluíndo as non menos emotivas chicanes no seu percorrido. Este será un dos sete tramos que terá as probas no rutómetro da cal non faltarán os mellores quilómetros polas estradas máis destacadas de Madrid nas que se escribiron inesquecibles batallas: Porto de Canencia, Porto de Morcuera, Porto de Navafría, La Cabrera-Torrelaguna, La Hiruela, La Puebla-Robledillo... Un total de 165 km contra o crono repartidos en 13 tramos de competición. Absolutamente inigualable.
 

Pero, ademais, o Shalymar tamén recupera os tramos nocturnos e a celebración da carreira en dúas etapas. O venres 21 de novembro o rallye comezará as 19:30 dende o Jarama, para, tras pasar por Miraflores de la Sierra, celebrarse tres tramos baixo a iluminación das grellas de focos, volvendo ás 12 da noite ao Jarama. O sábado 22 de novembro toca madrugar para comezar ás 7 da mañá podendo rematar pronto, ás 19:15 horas. Posteriormente realizarase a entrega de trofeos da proba así como a que convoca a Real Federación Española de Automobilismo para a repartición final dalgunhas Copas e Trofeos Nacionais, outro punto diferencial deste rallye.

A emoción está servida pois todas as clasificacións están no aire a expensas do que aconteza en Madrid. Enrique García Ojeda -gañador do Shalymar en 2006- e Sergio Vallejo xogarán o título de pilotos nun duelo a morte que se presenta moi emocionante. No Shalymar haberá rallye de velocidade pero tamén de regularidade, clásicos, copas de promoción, certame autonómico madrileño, ... Ninguén se perderá a cita final.
 
 
Texto e imaxes: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 157 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204000