1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Resumen de Tempada Rego Competición PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Mércores, 12 Novembro 2008 10:31

 
De éxito total pódese considerar a tempada do Equipo de Competición Rego Racing, con Iago Rego á cabeza e co material Energy Corse como principal ferramenta.

 
Empezou a tempada no IX Campionato Social Ibérico Karting Cabañas, con Iago Rego 1º e Cristian 2º en KZ2, facendo Iago a marca do circuíto. En Rotax, Alejandro Lino impúxose na súa categoría. Hugo Caride rematou 4º clasificado, perdendo as opcións á vitoria final na última manga debido a un forte accidente.

No Campionato Rotax Madrid, en Rotax Max, Alejandro Lino fíxose coa primeira posición, ao igual que Javier Ugalde en Rotax Júnior. Alejandro Lino venceu tamén no Campionato de España de Rotax.


Tamén se desprazaron ao Campionato de Cataluña, onde o máis destacable é que quedaron de 1º por equipos na Rotax Max, con Liño de 2º e Oriol Sánchez de 4º. Na X-30, Ignaci Calero quedou de 4º.


Nas probas de casa, o Campionato Galego, o equipo felicítase pola vitoria de Hugo Caride na categoría cadete, vencendo Iago Rego na única participación que tivo na proba da Madalena, con pole, marca do circuíto e gañando as dúas carreiras. Á súa vez, Carlos Sanmartín quedou segundo no Open de Karting.
 
 
Texto e fotos: Pontón Trasero
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 216 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204026