|
Entrega de Premios I Open de Karting |
|
|
|
|
Escrito por Curuxarallye
|
|
Mércores, 12 Novembro 2008 10:27 |
|

O próximo domingo día 16 de novembro, ás 12 horas, terá lugar no circuíto París - Dakart de Sanxenxo a entrega de premios do I Open de Karting. Este campionato veuse celebrando durante o verán nos circuítos de Porriño (Go-Kart) e no de Sanxenxo (París - Dakart) e constou de 4 probas, dúas en cada circuíto. Tivo un notable éxito de participación pois en total participaron máis de 40 pilotos, destacando os 10 de sénior e sobre todo os 18 de ICC, con 15 participantes na primeira carreira de Porriño. Pilotos ilustres en todas as categorías, pero habería que destacar a consagrados como José Luis Abadín, Carlos Sanmartín ou o mismísimo Campión Galego 2008 Ricardo Martínez e o subcampión José A. García Presa. Máis información, en Pontón Trasero
|