|
Broche de ouro para a tempada 2008 Última proba da tempada para Javier Cousiño e o seu copiloto Santyago Martínez, cun máis que satisfactorio segundo posto na clasificación final.
A proba transcorría por o zona urbana e arredores da localidade portuguesa de Vila Real, cun rallye dividido en dúas xornadas, unha superespecial nocturna e o día do domingo tramos cronometrados.
Xa na superespecial se empezou forte saíndo a correr e á vez a gozar e xa lográndose a segunda posición nese tramo, todo isto causou un gran sorriso en todo o equipo e enfocando a segunda xornada cun plus de motivación. Na xornada do domingo todo comezou pintando ben, coas pilas completamente cargadas no primeiro tramo comezouse a un moi bo ritmo, xa no segundo íase a tope, logrando un moi bo crono, podendo ser mellorado a mercede dun pequena buxaina xa que segundo palabras de Javier nunha paella a esquerdas iamos completamente de lado e cortando na saída da curva atopei unha pedra polo cal decidín trompear e perder tempo a non danar ningún elemento do coche, xa no segundo bucle todo continuou coa mesma tónica, rebaixando os cronos obtidos no primeiro bucle e concluíndo a tempada cun moi bo sabor de boca.
Tanto Javier como Santi, estaban ateigados de alegría ao final da proba, foi un dos rallys máis especiais do ano xunto con o Rías Baixas xa que estaban todas as nosas familias, amigos e coñecidos véndonos, nós gozando como nenos con zapatos novos e logrando un grande posto final, que non sería posible sen os nosos patrocinadores a quen queremos agradecer especialmente o seu apoio
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|