Sergio Martínez non puido proclamarse campión na última proba do campionato, pero aínda así intentouno ata o final na categoría Cadete. Tanto Pablo Torres como Borja Aballe lograron unha praza no podio en cada unha das mangas, culminando así unha tempada moi regular.
Sergio Martínez, subcampión galego O obxectivo de Sergio Martínez nos adestramentos cronometrados era situarse por diante de Hugo Caride, o seu rival no camiño cara ao título. Aínda que non conseguía a pole, Sergio saía na segunda fila mentres Caride o ía facer na terceira. A primeira manga era positiva para os intereses do piloto de Santa Comba, xa que a súa segunda praza lle permitía manter as súas opcións intactas nunha carreira disputada coa pista mollada.
Pero de cara á segunda o piso secábase, saíndo a maioría de pilotos con pneumáticos raiados. Así facíao tamén Sergio Martínez, pero a clave estaba en que o seu adversario apostaba polas gomas lisas, o que finalmente se mostrou como a opción acertada, gañando este a carreira mentres Sergio tiña que conformarse cunha amarga terceira posición que lle daba o subcampionato. Loitara ata o final, o que non embaza a súa excelente tempada. Pablo Torres, cuarto no campionato galego alevín
O cómputo das dúas mangas deixaba un magnífico balance nos dous pilotos de Alevín, con Pablo Torres na terceira praza e Borja Aballe a continuación. Non obstante cada un tivo o seu pequeno momento de gloria xa que Pablo Torres brillou na primeira cunha fantástica terceira posición mentres Borja Aballe, na segunda carreira, se destapaba coa mellor actuación do ano, obtendo un fantástico segundo lugar, aínda que nesta Pablo Torres tamén se despedía cun cuarto posto. Borja Aballe quedou sexto no Campionato Galego de Karting
BALANCE FINAL Ao subcampionato de Sergio Martínez en Cadete hai que engadir a cuarta praza de Pablo Torres en Alevín, destacando que o de Cambre estivo a loitar ata a última proba por un lugar no podio. Borja Aballe continuou co seu período de aprendizaxe, alternando carreiras moi boas con outras menos afortunadas, o que finalmente o deixaba na sexta praza do campionato.
Dende o equipo Hobbykart-Cubicaje só nos queda felicitar os campións e subcampións de todas as categorías, que verán recoñecido o seu esforzo da tempada na Gala de Campións da FGA. Así mesmo tamén facemos extensivo este recoñecemento ao noso principal patrocinador, Cubicaje, sen o cal non sería posible conseguir estes resultados. Texto e fotos: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|