1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Podio de Álvaro Muñiz no asfalto catalán do Rallye Costa Brava PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 10 Novembro 2008 01:49

Terceira praza do piloto coruñés no Rallye Costa Brava, competindo a bordo do seu Mitsubishi Lancer dentro do trofeo Producción Rallye Racing


Álvaro Muñiz desprazouse esta fin de semana a Cataluña, concretamente a Lloret de Mar, para participar no Rallye Costa Brava, a que era penúltima carreira do Campionato de España de Rallyes de asfalto e antepenúltima proba do trofeo Producción Rallye Racing.

 


Tras estar a rodar durante todo o rallye en segunda posición, Muñiz pronto se atopaba con que ía ser dificilísimo optar á vitoria ante o local Martí: atopábame un pouco perdido nun rallye como este, que non coñezo, e onde estar a loitar con Jordi Martí mostrouse complicadísimo, polo que debo felicitalo pola súa magnífica vitoria de hoxe. De tal xeito, que o coruñés se afianzaba na segunda posición e chegaba á última especial do día cunha renda de 14,8 segundos sobre o asturiano Carlos Márquez.

Ese último tramo cronometrado resultaba funesto para as aspiracións de Álvaro, que cedía de golpe case medio minuto con Márquez e con iso tamén a segunda praza. Muñiz comentaba que durante todo o rallye tivemos problemas de subviraxe, o coche non parecía querer entrar ben nas curvas e nalgúns momentos facíase bastante torpe. Pero non é escusa para felicitar tamén a Carlos, que correu moito neste último tramo.

A próxima proba para Muñiz será o madrileño Rallye Shalymar, que se disputa o 22 de novembro.

Rallye Sierra Morena
Clasificación "Produción Rallye Racing"

  • 1 Martí - Sánchez 1 h 47 ' 46. 6
  • 2 Márquez - Goñi a 2 ' 05. 2
  • 3 Muñiz - Blanco a 2 ' 19. 1
  • 4 Augado - Ferrero a 9 ' 12. 1
Así vai o Campionato:
  • Martí 58 ptos
  • Márquez 54 ptos
  • Muñiz 53 ptos
  • Cabanela 34 ptos
  • 5º Aguado 28 ptos
  • Santana 11 ptos
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 228 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204151