1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Iván Ares: "Posiblemente é a carreira do ano na que se rodou máis forte" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Luns, 10 Novembro 2008 01:43
Sexta praza no Desafío Peugeot del Nacional de rallyes de asfalto para o piloto coruñés do equipo RACC Motorsport, no 56º Rallye Costa Brava disputada esta fin de semana
Coa sexta praza saldaba Iván Ares a súa participación no Rallye Costa Brava, penúltima proba da tempada tanto no Nacional de Rallyes coma no Desafío Peugeot, competición monomarca na que está a competir o piloto de Cambre, este ano enrolado nas filas do equipo RACC Motorsport.
 

 
Ares consolídase como o piloto revelación da tempada no certame promocional de Peugeot, sendo unha vez máis, con diferenza, o máis destacado dos pilotos noveis no certame. Se temos en conta que se trata da súa primeira tempada no Nacional de Rallyes, cabe destacar que aquí se enfrontou durante toda a carreira a un dos homes de referencia do certame, o asturiano Esteban Vallín, do que rematou a menos de 10 segundos de distancia. Estivemos a loitar ao segundo con Esteban durante toda a proba, o que me fai sentir moi contento, pois el é un dos pilotos máis rápidos e experimentados, e esta é unha clara mostra de que fun progresando ao longo do ano que era o meu obxectivo desta tempada. Ségueme faltando un paso máis para loitar pola vitoria, pero ese paso cada vez é máis pequeno e de feito aí está o segundo posto que obtivemos en Córdoba.

O ritmo imposto no Costa Brava foi sinalado por Ares como posiblemente un dos máis altos do ano, creo que que foi a carreira en que se rodou máis forte. A metade de carreira os sete primeiros clasificados estaban a rodar en pouco máis de 30 segundos de diferenza. Persoalmente atopeime cómodo, sen pasar sustos, e xa estou a desexar que chegue a seguinte proba.

A devandita carreira será a Rallye Shalymar, cita final do Campionato, que terá lugar en Madrid o 22 de novembro.

56º Rallye Costa Brava
CLASIFICACIÓN DESAFÍO PEUGEOT

  • Monarri-Rozada 1:50:58.8
  • Senra-Vázquez 1:51:05.1
  • 3º Domingo-Garduño 1:51:30.8
  • 4º Arias - Arias 1:51:31.6
  • Vallín-Cué 1:52:02.4
  • 6º Ares-Bañobre 1:52:12.0
  • Pérez - Ibarra 1:54:44.5
  • Álvarez - Noriega 1:54:49.4
  • Quesada - Díaz 1:54:58.0
  • 10º Rodríguez - Iglesias 1:56:21.1

Clasificación xeral provisional Desafío Peugeot
  1. Monarri 141 ptos
  2. Senra 132
  3. Arias 122
  4. Domingo 115
  5. Vallín 114
  6. Segura 101
  7. Ares 94
  • ... (ata 20 clasificados)
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 277 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204118