- -Richard Tuthill (Porsche), imponse no apartado do Europeo FIA Histórico
- -Josep Maria Membrado (Renault), gana no Campionato de Catalunya
- -Ildefonso García (Ford Escort), imponse no apartado de Regularidade
Chuvia de coches e de pilotos, diversificación de campionatos e de éxitos, público e tremenda expectación é o que se viviu en Lloret de Mar e o seu ámbito con motivo do 56 Rallye Costa Brava, penúltima cita valedoira para o Campionato de España de Rallyes e para o Campionato de Europa FIA Histórico. A proba foi gañada polos irmáns galegos Sergio e Diego Vallejo (Porsche 911 GT3), por diante de Enrique García Ojeda-Jordi Barrabés (Peugeot 2007 S2000) que non puideron gañar e así sentenciar o campionato. No apartado histórico, triunfo no último tramo de Richard Tuthill (Porsche 911), quen contrarrestou o elevado ritmo que levaba Marco Bianchini (Lancia Stratos) que, de gañar en Catalunya, se proclamaría gañador do europeo.
A loita que se presentaba entre vehículos GT e S2000 se saldou a favor dos primeiros, aínda que por realmente pouco, 2 segundos, repartíndose ademais o mesmo número de scratch nos dez tramos cronometrados. Sergio Vallejo (Porsche 911) marcaba o primeiro da xornada, pero un trompo atrasábao, deixando o mando da carreira ao piloto de Peugeot. A partir do terceiro bucle, Vallejo tomou as rendas da carreira e, aínda que Ojeda se fixo cos dous últimos scratch, unha exigua renda de 2 segundos deulle a vitoria, demorando para a última cita do nacional, a proclamación do novo Campión 2008.
Sergio Vallejo (gañador): Soubemos aguantar o tipo cando na última parte do rallye nos disputabamos a vitoria. As dúas últimas especiais estaban moi difíciles. Esta vitoria énchenos de optimismo de cara ao último rallye, no que loitaremos polo título.
Enrique García Ojeda (segundo): Saen líderes do Costa Brava e xogaremos coa baza de poñer presión ao noso rival de cara a lograr o título.
A proba estivo moi animada coa participación de dous expilotos mundialistas como Xevi Pons ( Porsche 911 GT3), que ocupou a última praza do podio, e Dani Solà ( Ferrari 360 Rallye), que finalizou cuarto por diante do primeiro tracción dianteira, Joan Vinyes ( Renault Clio R3), e do primeiro grupo N, Jordi Zurita ( Mitsubishi). Históricos: Richard Tuthill (Porsche) tras os problemas de Marco Bianchini (Lancia Stratos)Richard Tuthill ( Porsche 911) foi o vencedor do Costa Brava- Lloret no apartado Histórico. Foi unha vitoria contra prognóstico, xa que Marco Bianchini ( Lancia Stratos) perdeu toda opción cando, no último tramo, problemas de motor o relegaron da primeira á sétima praza. Tuthill tomou o relevo e impúxose por diante do español Jesús Ferreiro ( Ford Escort Mk II) e de Enrico Brazzoli ( Porsche 911). Tamén tivo lugar unha competición de regularidade, utilizando os mesmos tramos do rallye e con estrada pechada, que viu como gañador á parella formada por Ildefonso e Miguel Angel García ( Ford Escort Mk II), clasificada por diante de Manuel Arroyo-Carles Mirou ( Porsche 911 SC), tras un bonito man a man. Catalunya: Josep M. Membrado (Renault Maxi Mégane) suma o seu quinto títuloO Rallye Costa Brava- Lloret de Mar sentenciou tamén o Campionato de Catalunya da especialidade, con Josep M. Membrado primeiro e que, ao igual que Ojeda no nacional, conseguiu carreira e campionato, por diante de Albert Orriols ( Peugeot 207 WRC) (sic). Clasificación final 56 Rally Costa Brava-Lloret de Mar (Campeonato de España)- 1º Sergio Vallejo-Diego Vallejo (Porsche 911 GT3), 1h. 40’36”3
- 2º Enrique García Ojeda-Jordi Barrabés (Peugeot 207 S2000), a 2”0
- 3º Xevi Pons-Alex Haro (Porsche 911 GT3), a 1’40”2
- 4º Dani Solà-Oscar Sánchez (Ferrari 360 Rally), a 2’00”3
- 5º Joan Vinyes-Jordi Mercader (Renault Clio R3), a 5’02”4
- 6º Jordi Zurita-Xavier Amigo (Mitsubishi Lancer Evo IX), a 6’46”0
- 7º Eduard Forés-Xavier Aluju (Mitsubishi Lancer Evo IX), a 6’55”4
- 8º Jordi Martí-Gabriel Sánchez (Mitsubishi Lancer Evo IX), a 7’10”3
- 9º Marc Blázquez-Joaquim Muntada (Nissan 350Z), a 8’49”5
- 10º Carlos Márquez-Aintzane Goñi (Mitsubishi Lancer Evo IX), a 9’15”5
Campeonato provisional del Campeonato de España de Rallyes de asfalto- 1º Enrique García Ojeda (Peugeot 207 S2000), 106,5 puntos
- 2º Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3), 101,5 puntos
- 3º Luis Monzón (Peugeot 207 S2000), 90 puntos
- 4º Miguel Angel Fuster (Fiat Grande Punto Abarth), 65 puntos
- 5º Alberto Hevia (Mitsubishi Lancer Evo IX), 41 puntos
Clasificación final 56 Rally Costa Brava-Lloret de Mar (Campeonato Europa FIA Histórico)- 1º Richard Tuthill-John Bennie (Porsche 911), 1h.52’43.5
- 2º Jesús Manuel Ferreiro-Roberto Lorenzo (Ford Escort MkII), a 26”5
- 3º Enrico Brazzoli-Carlo Canova (Porsche 911), a 52”1
- 4º Valter Christian Jensen-Erik Pedersen (Porsche Carrera RS), a 58”4
- 5º Gabriele Noberasco-Vanda Mariangela Geninatti (Porsche 911 RS), a 1’16”3
- 6º Graciano Muccioli-Adriano Celli (Opel Ascona 400), a 2’24”9
- 7º Marco Bianchini-Enmanuele Baldaccini (Lancia Stratos), a 4’50”2
- 8º Ferran Font-Miquel Amblàs (Ford Escort RS), 5’58”1
- 9º Gianmario Francone-Stefano Cirillo (Lancia Stratos), 6’55”6
- 10º Antonio Sainz-Javier Martínez-Cattaneo (Ford Escort MkII), 8’04”0
Texto e foto: Comunicado de Prensa Tradución: Curuxarallye
|