1º Trofeo de Promoción Curuxarallye 2009

Circuito Galego Xa!

Colabora con Curuxarallye

A información do karting en Galicia

Curuxarallye apoia

Segunda posición de Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo na categoría de Históricos, o que lles permite revalidar o título nacional PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Curuxarallye   
Domingo, 09 Novembro 2008 18:27
O dobre obxectivo que se propuxeran Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo se cumpriu á perfección, pois á segunda praza na categoría de Históricos do Rallye Costa Brava sumaban un novo título nacional, que se confirmaba matematicamente coa vitoria da súa categoría no Campionato de España.
 
O equipo patrocinado pola Deputación da Coruña e Turgalicia rematou a primeira xornada, tras catro tramos, nunha fantástica terceira posición, pero na segunda disputada sobre seis especiais máis ao longo do sábado confirmábase a boa actuación do piloto galego, xa que finalizaba a proba como segundo clasificado e, aínda que non sumaba os puntos do Europeo, si comprobaba que era capaz de medirse os principais candidatos ao cetro europeo.



Así Jesús Ferreiro declaraba ao rematar o rallye que estou moi satisfeito da nosa actuación, pois cando empezamos non tiñamos claro se saír a aguantar o resultado para conseguir un novo título no Trofeo de Históricos nacional ou intentar estar os máis preto posible dos pilotos do Europeo. Ao final puidemos lograr ambas as dúas cousas, polo que despediremos a tempada no Rallye Shalymar, dentro de dúas semanas, do mellor xeito posible.

Esta actuación de Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo podería ser o primeiro paso de cara a intentar participar o próximo ano no Campionato de Europa FIA Histórico.

Clasificación Históricos-56º Rallye Costa Brava
  • Richard Tuthill-John Bennie (Porsche 911), 1 h 52.43.5
  • Jesús Ferreiro-Roberto Lorenzo (Ford Escort MkKII), a 26.5
  • Enrico Brazzoli-Carlo Canova (Porsche 911), a 52.1
  • Valter Christian Jensen-Erik Pedersen (Porsche Carrera RS), a 58.4
  • Gabriele Noberasco-Vanda Mariangela Geninatti (Porsche 911 RS), a 1.16.3
 
 
Texto e foto: Comunicado de Prensa
Tradución: Curuxarallye
 
 

Camisetas Curuxarallye

Consigue a túa camiseta de Curuxarallye.info  

 

 

Fai click aquí

Piloto Oficial Super Cross Car


Fai click aqui para ver toda a información

Sorteo de Cursos PTC

Curuxarallye agasalla cursos de Conducción Deportiva da PTC-Escuela

Fai click aqui para ver toda a información

Curuxas en Curuxa

Temos 330 convidados en liña

Estatísticas desde 11-IX-2007

Membros : 7
Contido : 967
Ligazóns Web : 245
Visualizacións de contidos : 204093